TAL DÍA COMO HOXE: 1 DE MAIO...
1045 En Roma un conclave de bispos nomea papa a Gregorio VI.
1660 En Inglaterra termina o Commonwealth e fórmase a monarquía. Carlos II de Inglaterra ascende ao trono.
1707 A Lei de Unión une a Inglaterra-Gales con Escocia, para formar o Reino de Gran Bretaña.
1753 En Suecia, o naturalista Carlos Linneo (1707-1778) publica Species Plantarum, dando comezo á taxonomía das plantas (que máis tarde sería adoptada como código internacional de nomenclatura botánica).
1786 En Viena (Austria) estréase a ópera As vodas de Fígaro, de Wolfgang Amadeus Mozart.
1886 En Chicago (Estados Unidos) comeza unha folga xeral de traballadores para demandar a xornada laboral de oito horas. Isto desembocará na Revolta de Haymarket tres días máis tarde, o 4 de maio. Debido a estes acontecementos celébrase o 1 de maio como Día Internacional dos Traballadores.
1994 No Autódromo Enzo e Dino Ferrari, en Imola (Italia), o brasileiro tricampión de Fórmula 1 Ayrton Senna falece en competición durante o Gran Premio de Santo Mariño.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: es.wikipedia.org, tn.com.ar e tycsports.com
0 comentarios