CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? IX
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Segre. É afluente principal do Ebro. Nace na vertente setentrional do pico do Segre, no municipio francés de Llo. Xira a poñente no val da Cerdaña e entra en España pola provincia de Xirona. Pasa por Llivia, Sé de Urgel, Pons, Balaguer e Lérida, razón pola cal esa zona é chamada Segriá. Pouco despois, o río acaba desembocando no Ebro, pola esquerda, en Aragón.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. En que cordilleira se atopa o pico da Maladeta?
- Sistema Bético
- Sistema Ibérico
- Cordilleira Cantábrica
- Pireneos
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: refranerocastellano.com e es.wikipedia.org
0 comentarios