Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXCVIII

VERTICAIS: 1. Capital da República de Burundi 2. Peza de metal ou doutro material, xeralmente con unha ou máis puntas montadas nun eixe, que prende unha correa, fita etc. 5. Nome do cabo máis setentrional do Principado de Asturias, situado no concello de Gozón 7. Planta da familia das gramíneas, de talo oco, delgado e alto, no extremo do cal hai unhas ramiñas con espigas moi pequenas que poden ter de dúas a nove flores e de nome cientícico Avena sativa 8. Pelo rizado e formando remuíños.

HORIZONTAIS: 3. Elemento químico metálico de transición, de cor gris clara, moi duro e denso, que ten o punto de fusión máis alto dos metais e de símbolo W 4. Nome do río que forma a fronteira sur de Texas (Estados Unidos) e a fronteira norte dos estados mexicanos de Chihuahua, Coahuila, Nuevo León e Tamaulipas  6. Peixe da familia dos gádidos duns corenta centímetros de lonxitude e cor cincenta ou castaña amarelada no dorso e prateada nos flancos e no ventre, cunha mancha negra na base das aletas pectorais e de nome científico Trisopterus luscus 8. Acrónimo da comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios 10. Producir certo ruído característico ao rozaren cousas ou partes dunha cousa.

0 comentarios