SOLUCIÓN AO PROBLEMA DA EXPEDICIÓN AO PLANETA L
Problema-solución / Imaxe: marketingdirecto.com/
Lembrades a pregunta do problema? Cantas extremidades posúen os seres do planeta L?
Resolvéstelo? Imos ver a solución:
Na seguinte táboa indícanse os datos do problema.
Tripulantes da nave | Habitantes do planeta L | |
Extremidades | x | x-1 |
Dedos en cada extremidade | 20/x | 20/(x-1) |
A solución é x = 5. Así, pois, os tripulantes da nave teñen 5 extremidades con 4 dedos en cada unha. Os habitantes do planeta L teñen 4 extremidades con 5 dedos en cada unha.
O interesante do problema é que, lido o enunciado, téndese a pensar que os tripulantes son humanos terrestres que chegan a un planeta descoñecido, cando a situación, tras resolver o problema, é a inversa: estraños seres doutro planeta chegan de visita á terra. Para os tripulantes da nave o noso aspecto resulta espantoso.
FONTE: zientzia-astea.org/es
0 comentarios