Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 19 DE XULLO...

1525 En Alemaña, Martín Lutero recibe a excomunión do papa de Roma.

1808 En España líbrase a Batalla de Bailén.

1849 En España: promúlgase a lei que obriga ao uso do Sistema Métrico Decimal en todas as transaccións comerciais.

1954 Nos Estados Unidos, Elvis Presley consegue un extraordinario éxito de vendas coa canción That’s all right, mama.



1969 En EEUU, a nave espacial Apolo XI, cos astronautas estadounidenses Aldrin, Armstrong e Collins a bordo, ponse en órbita ao redor da Lúa. Alunizará ao día seguinte, 20 de xullo.

1974 En España, o ditador Francisco Franco é hospitalizado, e delega provisionalmente os poderes ao príncipe Juan Carlos.

1993 En Tui (Pontevedra) inaugúrase a nova ponte internacional sobre o río Miño, que une España e Portugal.

2007 A sonda Cassini-Huygens da NASA descobre unha nova lúa en Saturno: o satélite número 60.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: es.wikipedia.org e ourense-natural.es

TAL DÍA COMO HOXE: 18 DE XULLO...

64 Comeza o gran incendio de Roma (presuntamente ordenado polo emperador Nerón).

1894 Entre París e Rouen celébrase a primeira carreira de automóbiles.

1898 Marie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, o polonio.

1936 Golpe militar en España, de parte do exército e parte da sociedade civil, contra o goberno da II República, que desemboca na Guerra Civil.

1957 No val de Cuelgamuros (serra de Madrid) inaugúrase o monumento aos caídos na Guerra Civil Española

1965 A URSS lanza a sonda lunar Zond 3.

1989 Estados Unidos e a URSS alcanzan un acordo sobre a prohibición de armas químicas e a súa destrución nun período de dez anos.

FONTE: hoyenlahistoria.com              Imaxes: labrujulaverde.com, cronica.com-ar e eldebate.com

TAL DÍA COMO HOXE: 17 DE XULLO...

1429 Carlos VII de Francia é coroado como rei de Francia na Catedral de Reims despois da exitosa campaña de Juana de Arco na Guerra dos Cen Anos.

1917 O rei Jorge V proclama a lei pola cal a liña descendente da familia Real británica levará o apelido Windsor.

1945 Tras o fin da Segunda Guerra Mundial, os líderes aliados Winston Churchill, Harry S. Truman e Joseph Stalin, atópanse na cidade de Potsdam para decidir o futuro da derrotada Alemaña.

1975 Un Apolo estadounidense únese a unha nave espacial soviética Soyuz converténdose na primeira unión de naves espaciais das dúas nacións.

1998 En Italia, asínase o Estatuto de Roma que establece a Corte Penal Internacional.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org e pegaso1701.blogspot.com

TAL DÍA COMO HOXE: 16 DE XULLO...

622 Arabia: o profeta Mahoma inicia a súa viaxe desde A Meca cara a Medina. Este feito é chamado a Hégira, feito que dá inicio ao calendario musulmán.

1782 En Austria estréase a ópera O rapto no Serrallo de Wolfgang Amadeus Mozart.

1945 No marco do Proxecto Manhattan, realízase a Proba Trinity, o primeiro test exitoso dunha bomba nuclear de fisión. Empeza así a era atómica.

1951 Publícase por primeira vez O gardián entre o centeo de J. D. Salinger.

1969 Nn Cabo Cañaveral (Estados Unidos), no marco do Programa Apolo, despega o Apolo 11 co obxectivo de ser a primeira misión en levar un home á Lúa.

2002 Na Illa de Perexil iníciase ás 23:43 a Operación Romeo-Sierra para o desaloxo da illa, que cinco días antes fora ocupada por forzas marroquís.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: citaconlahistoriajm.blogspot.com, es.wikipedia.org e laguaridadeviriato.blogspot.com

TAL DÍA COMO HOXE: 15 DE XULLO...

1099 Na actual Israel, no marco da Primeira Cruzada, os europeos conquistan Xerusalén e forman o Reino de Xerusalén (entre 1099 e 1187). Ao longo dos seguintes 2 días a poboación musulmá da cidade será masacrada. Os xudeus son queimados vivos na Gran Sinagoga, onde se refuxiaran.

1799 En Exipto descóbrese a Pedra de Rosetta, que permitirá descifrar os xeroglíficos exipcios.

1864 Alfred Nobel patenta a nitroglicerina como explosivo.

1954 O prototipo do avión de pasaxeiros Boeing 707 realiza o seu primeiro voo.

1983 Nintendo lanza a consola Famicom en Japon.

2004 EEUU lanza o satélite de observación terrestre Aura.

2011 Estrea mundial de Harry Potter e as reliquias da morte (parte 2) a última película da saga de cinematográfica Harry Potter.

FONTE: hoyenlahistoria.com         Imaxes: es.wikipedia.org e themoviedb.org

TAL DÍA COMO HOXE: 14 DE XULLO...

1789 En París (Francia) prodúcese a Toma da Bastilla, que supuxo o fin do Antigo Réxime e o comezo da Revolución francesa.

1949 A Unión Soviética detona a súa primeira bomba atómica.

1960 Jane Goodall chega á reserva do Gombe Stream (Tanzania) para iniciar o seu famoso estudo de chimpancés en liberdade.

1995 Nos Estados Unidos, MPEG (Moving Picture Experts Group) dá a coñecer o formato MP3.

2008 Inicia a construción da torre Tokyo Sky Tree.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: historia.nationalgeographic.com.es e thecitizen.co.tz

TAL DÍA COMO HOXE: 13 DE XULLO...

1878 Tratado de Berlín: as potencias europeas reordenan o mapa dos Balcáns. Serbia, Montenegro e Romanía convértense en países independentes do Imperio Otomán.

1919 O dirixible R34 británico aterra en Norfolk, Inglaterra e convértese no primeiro dirixible que realiza unha viaxe completa a través do Océano Atlántico despois de 182 horas de voo.

1923 O Hollywood Sign colócase oficialmente nas montañas de Hollywood, Os Ánxeles. Orixinalmente líase "Hollywoodland" pero as catro últimas letras retiráronse tras a súa renovación en 1949.

1974 O escultor e profesor Ernő Rubik inventa o Cubo de Rubik, un crebacabezas mecánico tridimensional, en Budapest.

1997 Miguel Ángel Blanco, concelleiro do Partido Popular en Ermua (País Vasco), é asasinado pola banda terrorista ETA, despois de tres días de secuestro, provocando unha mobilización cidadá contra o terrorismo sen precedentes no país.

2007 Estréase Harry Potter e a orde do fénix, quinta película da saga, nos Estados Unidos, Londres e México.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: thehistorypress.co.uk, fity.club, es.wikipedia.org e tv.apple.com

TAL DÍA COMO HOXE: 12 DE XULLO...

1493 Hartmann Schedel publica a Crónica de Núremberg, un dos primeiros libros realizados pola imprenta.

1730 Lorenzo Corsini é elixido papa e toma o nome de Clemente XII.

1985 A cidade de Santiago de Compostela recibe o premio Europa concedido polo Consello de Europa en recoñecemento ao seu europeísmo.

2001 Lanzamento do satélite de comunicacións experimental europeo Artemis.

FONTE: hoyenlahistoria.com       Imaxes:  es.hoteles.com/go e europapress.es/ciencia