Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE... 30 DE MAIO

1431 Xoana de Arco é queimada viva pola igrexa en Ruan (Francia).

1806 Nos Estados Unidos, o terratenente esclavista Andrew Jackson (máis tarde presidente dos Estados Unidos) mata en duelo a un home despois de que este acusase de bigamia á esposa de Jackson.

1922 En Washington (Estados Unidos), inaugúrase o Monumento a Lincoln.

1925 Nos Estados Unidos, o enxeñeiro Dick Drew patenta a cinta adhesiva, máis coñecida como cinta scotch.

1971 Estados Unidos lanza a nave Mariner 9 con destino Marte.

1982 España convértese no membro n.º 16 da OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte). É o primeiro país en ingresar despois de Alemaña Occidental en 1955.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: historia.nationalgeographic.com.es e publico.es

TAL DÍA COMO HOXE... 29 DE MAIO

757 En Roma, Pablo I sucede a Esteban II como papa.

1453 A cidade de Constantinopla (Turquía) é tomada polos turcos, poñéndose desa forma fin ao Imperio bizantino.

1919 A teoría da relatividade xeral de Einstein é comprobada (e posteriormente confirmada) por Arthur Eddington mediante a observación dunha eclipse solar total en Príncipe e por Andrew Crommelin en Sobral, Ceará (Brasil).

1953 O neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan á cima do monte Everest.

1982 A banda inglesa Queen dá un concerto en Elland Road, estadio do Leeds United.

FONTE: hoyenlahistoria.com       Imaxes: hispanatolia.com e hoyenlahistoria.com

TAL DÍA COMO HOXE: 27 DE MAIO...

1328 En Francia, Felipe VI é coroado rei.

1792 En París utilízase por primeira vez a guillotina.

1883 Alejandro III é coroado tsar de Rusia.

1930 En Nova York inaugúrase o edificio Chrysler (319 m), o máis alto do mundo nese momento.

1992 No observatorio Pombal, a astrónoma Eleanor Helin descobre un asteroide que orbita o Sol unha vez cada 3,58 anos. Bautizarao asteroide Braille.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: ca.wikipedia.org e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 26 DE MAIO...

1897 Publícase a novela Drácula, do autor irlandés Bram Stoker.

1906 O enxeñeiro August Franz Max von Parseval realiza a primeira ascensión a bordo dun dirixible non ríxido. A aeronave ten 48 metros de lonxitude, contén 2500 m3 de gas e está dotada de 90 cv de potencia.

1914 En París estréase a ópera O reiseñor, de Ígor Stravinski.

1956 En Estados Unidos estréase a película Centauros do deserto, dirixida por John Ford e protagonizada por John Wayne.

1986 A Unión Europea adopta a súa bandeira.

2002 En Marte, unha nave da NASA detecta indicios da existencia de auga xeada.

2003 En Turquía estrélase un avión Yakovlev Yak-42 e morren 62 militares españois.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: imbd.com/es e defensa.com

TAL DÍA COMO HOXE: 25 DE MAIO...

1787 En Filadelfia (Estados Unidos) acórdase escribir unha nova constitución, sendo George Washington presidente.

1895 En Londres a policía arresta ao escritor irlandés Óscar Wilde por ser homosexual (máis exactamente, «cometer actos de groseira indecencia con outros homes»).

1957 En Roma (Italia) créase o Parlamento Europeo.

1973 En Londres (Inglaterra), o músico Mike Oldfield lanza o disco Tubular Bells.

1977 Estréase a película Star wars (Daquela retitulada Star Wars Episode IV: A New Hope).

1983 Estréase a película Star Wars Episode VI: Return of the Jedi.

2008 A sonda Phoenix aterra no planeta Marte en busca de probas biolóxicas.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: elordenmundial.com, reddit.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 24 DE MAIO...

1822 Tras a batalla de Pichincha (gañada polo xeneral Antonio José de Sucre) Ecuador independízase de España.

1844 Desde o Capitolio de Washington á cidade de Baltimore, o inventor Samuel Morse emite a primeira mensaxe telegráfica.

1883 Despois de 14 anos de construción, inaugúrase oficialmente a ponte de Brooklyn, o primeiro construído con cables de aceiro, por John e Washington Roebling.

1940 Igor Sikorsky realiza a primeira proba exitosa do seu helicóptero dun só rotor.

1976 Entre Londres e Washington D. C. comeza o servizo do avión supersónico Concorde.

1993 Microsoft desenvolve Windows NT.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 23 DE MAIO...

1823 En Madrid (España) entran sen atopar resistencia os Cen Mil Hijos de San Luís, expedición francesa encargada de restablecer a soberanía de Fernando VII.

1845 As Cortes Españolas votan unha nova Constitución.

1873 Establécese a Real Policía Montada do Canadá.

1995 No campo da informática, a empresa Sun desenvolve oficialmente a linguaxe de programación Xava.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: nuevatribuna.es e helisulbaran.blogspot.com

TAL DÍA COMO HOXE: 22 DE MAIO...

1542 O rei Carlos I de España ordena «que se mande remediar as crueldades que se cometen nas Indias».

1906 Os irmáns Wright patentan o seu aeroplano.

1975 O goberno español recoñece por real decreto o dereito á folga, aínda que de carácter restrinxido.

2000 En España nacen os primeiros xemelgos fecundados sen esperma mediante a maduración in vitro de células precursoras de espermatozoides.

2004 Na Catedral da Almudena de Madrid contraen matrimonio o príncipe Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.

FONTE: hiyenlahistoria.com    Imaxes: larazon.es