Blogia
vgomez

EFEMÉRIDES DO DÍA

TAL DÍA COMO HOXE: 6 DE XULLO...

1864 Fúndase a Cruz Vermella Española.

1885 Louis Pasteur vacina contra a rabia con éxito ao neno Joseph Meister.

1964 En Reino Unido estréase a película de The Beatles A hard day’s night.

1997 En Vallegrande (Bolivia) son atopados, nunha fosa común, os restos do guerrilleiro arxentinocubano Ernesto Che Guevara (1928-1967).

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: eldiariodesalus.com, tudobiografia.com.br e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 5 DE XULLO...

1687 En Inglaterra, Isaac Newton publica Philosophiæ naturalis principia mathematica.

1865 O Reino Unido aproba a primeira lei do mundo que limita a velocidade de circulación con vehículos.

1946 En Estados Unidos preséntase en sociedade o bikini.

1951 William Shockley inventa o transistor de unión.

1954 Nos Estados Unidos, Elvis Presley grava a súa primeira canción chamada That’s all right.

2006 Desde Cabo Cañaveral (Florida) despega con éxito o Transbordador espacial Discovery (STS-121).

2011 En Santiago de Compostela (España) é roubado o Codex Calixtinus.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org e youtube.com

TAL DÍA COMO HOXE: 4 DE XULLO...

1187 Na batalla dos Cornos de Hattin, as tropas de Saladino, Sultán de Exipto, vencen aos exércitos cruzados, dirixidos polo francés Guy de Lusignan (rei de Xerusalén). Remata a ocupación europea de Xerusalén.

1776 En Filadelfia (Pensilvania), os delegados das 13 colonias británicas reunidos no Congreso Continental aproban a Declaración da Independencia. As colonias darán orixe aos Estados Unidos. 

1997 A sonda espacial Mars Pathfinder da NASA toma contacto coa superficie de Marte.

2012 A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) fixo público o descubrimento dunha nova partícula subatómica que confirma con máis dun 99’99% de probabilidade a existencia do Bosón de Higgs.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: timetoast.com e bbc.com

TAL DÍA COMO HOXE: 3 DE XULLO...

1808 Napoleón Bonaparte cede os reinos de España e Indias ao seu irmán José

1844 Son matados os dous últimos exemplares de Pinguinus impennis.

1886 Karl Benz patenta oficialmente o Benz Patent Motorwagen, o primeiro automóbil autopropulsado.

1976 En España, tras o final da Ditadura de Franco, Adolfo Suárez é nomeado presidente.

1998 Lanzamento da sonda xaponesa Nozomi a Marte, pero meses máis tarde non logrará entrar en órbita marciana.

2005 En España entra en vigor a lexislación que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

FONTE: hoyenlahistoria.com        Imaxes: janetomlinson.com e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 2 DE XULLO...

1489 En España, a cidade musulmá de Motril (Granada) réndese aos Reis Católicos.

1897 Guglielmo Marconi patenta a radio.

1966 Francia realiza o seu primeiro ensaio atómico no atolón de Mururoa

2005 Celébranse concertos simultáneos en distintas cidades do planeta para esixir o fin da pobreza no mundo.

FONTE: hoyenlahistoria.com     Imaxes: alertadigital.com e megliodiniente.com

TAL DÍA COMO HOXE: 1 DE XULLO...

1431 En Atarfe (Selecta) as tropas de Juan II de Castela vencen aos exércitos nazaríes de Granada, dirixidos polo rei Muhammed IX, na que se coñeceu como batalla da Higueruela.

1858 Na Sociedade Linneana (Londres), Charles Darwin e Alfred Russel Wallace presentan a comunicación que establece os principios da teoría da evolución mediante a selección natural.

1916 Nos Estados Unidos entra en vigor a denominada Lei Seca que prohibe a venda de bebidas alcohólicas.

1958 No atolón Enewetak (illas Marshall, no medio do océano Pacífico), Estados Unidos detona a súa bomba atómica n.º 144: Sequoia, de 5,2 kt.

2002 Entra en vixencia o Estatuto de Roma que crea a Corte Penal Internacional.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: historiaespaña.es e news.therealtoriblack.com

TAL DÍA COMO HOXE: 30 DE XUÑO...

1906 Nos Estados Unidos, o presidente Theodore Roosevelt asina unha lei que autoriza ao goberno federal a inspeccionar as industrias alimentarias e obriga aos fabricantes para especificar a lista de ingredientes.

1934 En Alemaña, Adolf Hitler ordena a «purga» dos principais dirixentes da Sturmabteilung, que terá lugar durante a noite deste día e a madrugada do 1 de xullo, no que se vén a chamar como a Noite dos coitelos longos.

1971 En Casaquistán (Unión Soviética), a 560 km ao nordés de Baikonur, ás 2.16 UTC (8.16 hora local) aterra con paracaídas a nave espacial Soyuz 11, con todo os tres cosmonautas (Vladislav Volkov, Gueorgui Dobrovolski e Viktor Patsayev) morreran asfixiados no espazo, media hora antes. Ata a actualidade é o único accidente mortal sucedido no espazo (e non na alta atmosfera).

2000 No Xapón, baixo o auspicio de Nintendo, abre as súas portas a empresa desenvolvedora de videoxogos Brownie Brown.

2002 En España, as institucións bancarias deixan de cambiar a peseta, sacada de curso legal o 28 de febreiro anterior. Desde entón, o cambio só é posible no Banco de España.

2005 En España, o Congreso dos Deputados aproba definitivamente a lei que autoriza o matrimonio civil entre persoas do mesmo sexo.

2008 Microsoft deixa de vender Windows XP.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org e ena.our-dogs.info

TAL DÍA COMO HOXE: 29 DE XUÑO...

1707 En España, Felipe V derroga, mediante os Decretos de Nova Planta, os Foros de Aragón e de Valencia, deixando de existir ambos os como reinos independentes de Castela.

1969 En Londres, a banda británica Pink Floyd publica Music from the Film More.

1974 En Bos Aires, a vicepresidenta María Estela Martínez de Perón é nomeada presidenta da Arxentina por mor dos problemas de saúde que sofre o seu esposo, Juan Domingo Perón, quen falecerá dous días despois.

2005 Gran Canaria é declarada pola Unesco como Reserva da biosfera.

2007 Ponse á venda o novo teléfono de Apple, o iPhone.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: es.wikipedia.org, hotcore.info e artpictures.club