TAL DÍA COMO HOXE: 4 DE XULLO...
1187 Na batalla dos Cornos de Hattin, as tropas de Saladino, Sultán de Exipto, vencen aos exércitos cruzados, dirixidos polo francés Guy de Lusignan (rei de Xerusalén). Remata a ocupación europea de Xerusalén.
1776 En Filadelfia (Pensilvania), os delegados das 13 colonias británicas reunidos no Congreso Continental aproban a Declaración da Independencia. As colonias darán orixe aos Estados Unidos.
1997 A sonda espacial Mars Pathfinder da NASA toma contacto coa superficie de Marte.
2012 A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) fixo público o descubrimento dunha nova partícula subatómica que confirma con máis dun 99’99% de probabilidade a existencia do Bosón de Higgs.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: timetoast.com e bbc.com
0 comentarios