Blogia
vgomez

EXPERIMENTOS CASEIROS

COMO FACER UN APARELLO DE AIRE ACONDICIONADO CASEIRO

 

Neste tempo de verán, virán días (esperemos) nos que a calor apretará. A solución para estar fresquiños na casa é ter un aparello de aire acondicionado. No caso que non o teñas, aquí tes a forma de facelo caseiramente por tan só 15€.

Funciona!

RECURSOS CASEIROS FÁCILES III

RECURSOS CASEIROS FÁCILES III

 

Na imaxe tedes os pasos para dobrar un cobertor ou sábana axustable de forma correcta . 

Temos que colaborar nas tarefas domésticas e preprarnos para cando levantedes o voo!

A practicar!

RECURSOS CASEIROS FÁCILES II

RECURSOS CASEIROS FÁCILES II

 

Na imaxe tedes os pasos para facer unha pequena pa a partir dun bidón duro, para recoller tanto na túa habitación coma no xardín.

Fácil e útil!

RECURSOS CASEIROS FÁCILES I

RECURSOS CASEIROS FÁCILES I

 

Este recurso permite personalizar as túas chaves caseiramente dun xeito fácil. Só precisas esmalte de uñas de diferentes cores e un chisco de paciencia. O  resultado é un chaveiro multicolor e coa cor asignada a cada pechadura ou a orde que previamente establezas, como por exemplo as cores do arco da vella.

O próximo día, outro recurso caseiro fácil!

TRUCOS CASEIROS PARA A VIDA REAL IV

 

Hoxe en experimentos caseiros: a forma máis cómoda de comer unha bolsa de patacas en grupo, un sinxelo altofalante caseiro para o móbil e un xeito máis doado de abrir eses resistentes tarros de cristal pechados ao baleiro.

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

TRUCOS CASEIROS PARA VIDA REAL III

 

Aquí tes outros 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: un recolledor de cables, adaptar unha pila AAA a pila AA e como cravar unha punta sen mancarse nos dedos.

Espero que sexan útiles!


FONTE:experimentoscaseros.info

TRUCOS CASEIROS PARA A VIDA REAL II

 

Aquí tes outros 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: un lapis para móbil ou tablet, unha forma rápida para arrefriar botellíns quentes e como acender unha candea dentro dun vaso á que non chegas con acendedor

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info

TRUCOS CASEIROS PARA A VIDA REAL I

 

Aquí tes 3 útiles trucos caseiros  para a vida real: unha funda para o móbil cun calcetín, uns altofalantes para o ordenador cun par de vasos e unha portada de CD cun folio.

Espero que sexan útiles!

FONTE:experimentoscaseros.info