COMO PELAR UNHA PATACA EN MENOS DE 3 SEGUNDOS
Aquí tedes un sinxelo experimento de cociña para pelar de forma fácil e rápida patacas cocidas.
Unha boa aplicación para cando facemos polbo cocido con patacas.
Aquí tedes un sinxelo experimento de cociña para pelar de forma fácil e rápida patacas cocidas.
Unha boa aplicación para cando facemos polbo cocido con patacas.
Coa chegada do bo tempo, aparecen eses insectos molestos que son os mosquitos e tamén as moscas.
Aquí dese a forma de combatilos cunha trampa feita con materiais que tod@s tedes na casa.
Boa caza!
Unha forma sinxela de facer unha lanterna caseira coa tecnoloxía lumínica LED.
Seguide os pasos.
Moi sinxelo!
O curioso deste experimento é que a xema e a clara non se separan en ningún momento, están sempre unidas mantendo a forma de óvalo que tiñan antes de saír da casca. Iso si, ao sair da auga...
Aquí tedes a forma de facer un microscoipo laser caseiro co que poder observar o que hai na nosa boca.
Iso si, coidado co laser, nunca dirixilo cara os ollos!
Seguramente escoitarías falar do estado da materia de PLASMA . Pero como o podenos ver? Propóñoche un pequeno experimento caseiro, iso si no caso de ser menor debe facerse baixo a supervisión dun adulto.
Se metes un misto acendido no microondas suxeito con algún alimento para que se manteña en posición vertical, e sobes a potencia ao máximo, xerarás plasma como o que hai no interior da pantalla do televisor ou o que abunda no universo. Os globos de luz de cor azul que emanan da chama son o cuarto estado de agregación da materia, xa que iste componse de átomos ionizados que perderon os seus electróns.
FONTE: Revista Muy Interesante
Neste vídeo temos a explicación, e a solución, a un problema que seguro tedes padecido en motas ocasións: Como abrir unha lata axitada sen que se derrame o seu contido.
Atentos!
Se es un amante do chocolate, aquí tes un truco caseiro facilísimo para comer todo o que queiras sen que ninguén se decate.
Fíxate ben no truco!