Blogia
vgomez

EXPERIMENTOS CASEIROS

EXPERIMENTOS CASEIROS: PAN DE XELADO DE VAINILLA

 

Facer pan na cociña, pero dunha maneira moi curiosa. Poucos ingredientes, pero un moi importante: XELADO. Moi saboroso!

Iso si, coidado co forno!

EXPERIMENTOS CASIEROS CON AUGA

 

Aquí tesdes 5 experimentos caseiros, moi sinxelos, onde o elemento fundamental é a auga: o boneco invisible, a auga que non cae, o xogo da bolsa de auga, pompas de xabón resistentes e o vaso que bebe só.

Que disfrutedes!

COMO FACER UNHA FUNDA DE SILICONA PARA O MÓBIL

 

Hoxe tes a posibilidade aprender a facer unha sinxela funda para móbil que é prácticamente idéntica á que poder mercar nunha tenda, iso si personalizada e feita por ti.

Fíxate nos pasos!

EXPERIMENTOS CASEIROS QUE PODEN SERVIR PARA PROXECTOS NO COLEXIO

 

Hoxe propóñovos unha recopilación de 10 dos experimentos caseiros que poden servir coma proxectos dalgunha materia científica do colexio.

  1. Microscopio caseiro
  2. Que pasa se mesturamos poliestireno con acetona?
  3. Reloxo que funciona con patacas
  4. Luz UV caseira
  5. Láser guiado
  6. Como estoupar globos con laranxas
  7. Xerador eléctrico caseiro
  8. Como ver a túa voz
  9. Aneis de fumo
  10. Motor eléctrico caseiro

Que disfrutedes!

COMO ENCHER UN VASO DE AIRE DENTRO DA AUGA

 

Fácil pero interesante experimento. Como farías para encher un vaso de aire dentro da auga?

Lembra, o aire é materia e, polo tanto, ocupa espazo!

O OVO SALTARÍN

 

Un experimento sinxelo: ovo + vinagre = ovo saltarín

A explicación: O ácido acético do vinagre reacciona co carbonato cálcico da casca do ovo producindo dióxido de carbono (as burbullas de gas que se desprenden na casca do ovo). Coa cantidade de vinagre suficiente desaparece toda a casca de ovo.

A ósmose explica o aumento de tamaño pois a auga contida no vinagre entra no interior do ovo pola membrana semipermeable que o cobre. O ovo vólvese elástico por esa membrana que queda.

Merece a pena facelo!

COMO FABRICAR UNHA CANDEA DE EMERXENCIA

 

Se algunha vez vaise a luz na túa casa e non tes unha candea a man... Non te preocupes! Se tes un queixo de bóla na cociña e un pouco de pale hixiénico, podes fabricarche unha candea ti mesmo e de maneira moi sinxela.

No vídeo superior tes o proceso, perfectamente explicado.

Coidado co lume!

COMO FACER UNHA BOLA DE DISCOTECA CASEIRA

 

Hoxe ímosvos ensinar un sinxelo invento caseiro para triunfar nas festas que fagades: unha bóla de discoteca caseira. Soamente necesitarás uns CD’s vellos e un pouquiño de paciencia.

Unha forma de reciclar CD’s.