Blogia
vgomez

EXPERIMENTOS CASEIROS

TRUCO DE MAXIA

 

Hoxe propóñovos un truco de maxia: como meter un bolígrafo nunha botella cerrada con auga.

Lembrade, o concepto de refracción para poder entendelo.

Sixelo!

EXPERIMENTOS CASEIROS: TRUCOS CON MISTOS

 

Hoxe propóñoche descubrir tres incribles apostas moi sinxelas coas que poderás gañar aos teus amigos e familiares. O mellor de todo é que só necesitarás unha caixa de mistos.

Iso si, coidado con queimarse!

EXPERIMENTOS CASEIROS PARA NENOS

 

Aquí tedes un compendio de 40 experimentos caseiros sixelos e divertidos, para que nos fins de semana fríos e chuviosos deste inverno, podades pasar o tempo, facendo un alto nos estudo.

Que o pasedes ben!

TRABALLOS CON LATAS

 

O aluminio e o ferro son dous dos elementos máis abundantes na superficie do noso planeta. Son tamén os materiais básicos cos que se fabrica a lata, un envase case inmortal cuxas propiedades esenciais non se deterioran por moitas veces que sexa reciclada, segundo explica a Asociación Metalgráfica Española. Para a natureza tamén son ósos duros de roer: en función da súa composición, e do seu grosor, unha lata pode tardar máis de 100 anos en degradarse á intemperie. Por iso son usadas masivamente para protexer case calquera cousa: líquidos, alimentos, produtos de limpeza, químicos, pinturas e, mesmo, pelotas de tenis. 

Cada español tirou en 2016 unha media de 13,2 quilos de plástico, briks e latas ao colector amarelo, segundo datos de Ecoembes. Os envases metálicos alcanzaron unha taxa de recuperación do 84,8%, case dous puntos máis que o ano anterior. Antes de que este recipiente vaia ao colector, e de aí inicie o camiño cara a unha nova posta en circulación, podes alongar un pouco máis a súa vida útil.

Aquí mostrámosche como levar a cabo a túa reciclaxe particular e transformar unha lata en catro obxectos novos.

FONTE: Xornal El País/Eco Espacio

REUTILIZACIÓN DE RODAS USADAS

 

A reutilización é unha segunda vida que se lle da a obxectos que xa non serven para o que foron deseñados. Neste caso empregaremos unha roda usada da que cun chisco de paciencia e outros materiais converterémola nun práctico ASENTO.

Por certo, hai multitude de cousas que podemos facer con rodas usadas. Unha mostra, preme AQUÍ.

COMO METER UN OVO DENTRO DUNHA BOTELLA

 

Hoxe propóñovos meter un ovo nunha botella de vidro.

Para facelo precisamos un ovo cocido, mistos e unha botella de vidro de pescozo ancho. Colocamos o ovo moi ben cocido e pelado! na boca da botella, comprobando que sexa máis ancho que o pescozo e non poida pasar ao seu interior. Unha vez feito isto, acendemos cinco ou seis mistos e introducímolas na botella. Antes de que se apaguen, tapamos a botella co ovo. O ovo comezará a vibrar lixeiramente para logo irse introducindo aos poucos no interior da botella.

A explicación..., no vídeo!

Coidado cos mistos!

COMO FACER LEVITAR UN CUBO

 

Hoxe propóñovos que realicedes un espectacular truco para crear a ilusión óptica dun cubo levitando.

Como veredes no vídeo superior é moi doado de facer!


COMO FACER UNHA GOMINOLA XIGANTE DE COCA COLA

 

Hoxe propóñovos crear unha gominola xigante de Coca Cola. A textura fina é moi peculiar e mesmo pódela comer, só que non sabe practicamente a nada.

O resultado é espectacular!