Blogia
vgomez

TRABALLOS CON LATAS

 

O aluminio e o ferro son dous dos elementos máis abundantes na superficie do noso planeta. Son tamén os materiais básicos cos que se fabrica a lata, un envase case inmortal cuxas propiedades esenciais non se deterioran por moitas veces que sexa reciclada, segundo explica a Asociación Metalgráfica Española. Para a natureza tamén son ósos duros de roer: en función da súa composición, e do seu grosor, unha lata pode tardar máis de 100 anos en degradarse á intemperie. Por iso son usadas masivamente para protexer case calquera cousa: líquidos, alimentos, produtos de limpeza, químicos, pinturas e, mesmo, pelotas de tenis. 

Cada español tirou en 2016 unha media de 13,2 quilos de plástico, briks e latas ao colector amarelo, segundo datos de Ecoembes. Os envases metálicos alcanzaron unha taxa de recuperación do 84,8%, case dous puntos máis que o ano anterior. Antes de que este recipiente vaia ao colector, e de aí inicie o camiño cara a unha nova posta en circulación, podes alongar un pouco máis a súa vida útil.

Aquí mostrámosche como levar a cabo a túa reciclaxe particular e transformar unha lata en catro obxectos novos.

FONTE: Xornal El País/Eco Espacio

0 comentarios