EXPERIMENTO: SACANDO CHISPAS AS UVAS NUN MICROONDAS
O primeiro que teñen que saber é que non hai que facer este experimento en casa sen a supervisión dun adulto, aínda que o truco pareza relativamente sinxelo. Logo, non se necesita máis que un microondas e unha simple uva, como é evidente. Córtase o froito pola metade e introdúcese no interior do electrodoméstico, do que podemos retirar incluso o prato giratorio.
Cando se pon en marcha o aparello, o efecto é espectacular. Labaradas dunha cor alaranxada brotan da uva. A sensación é aínda máis forte se se pon o froito dentro dun vaso (transparente) virado boca abaixo. As ondas de plasma irrádianse no interior do recipiente creando unha imaxe asombrosa e extrañamente hipnótica.
O fenómeno da xeración de plasma en uvas dentro dun microondas implica un efecto óptico masivo que só depende do que esta froita é principalmente auga e que teñen a talla correcta. Debido á súa composición e tamaño, as uvas poden ‘atrapar’ microondas no interior. Cando pos dúas uvas xuntas, ademais, estes microondas atrapadas poden ’saltar’ entre elas xerando un ’punto quente’ entre eles. Neste punto o campo electromagnético das microondas está fortemente amplificado, e se é activado durante o tempo suficiente pode dar enerxía aos iones da uva e crear o plasma”.
Investigadores da Trent University propuxéronse descubrir por que se daba esta circunstancia e detectaron, segundo o estudo publicado na revista Proceedings of the National Academy of Science, a “gran susceptibilidade dieléctrica (con baixa condutividade eléctrica) da auga en frecuencias de microondas”, o que dá lugar ao plasma fotónico saíndo do espazo acuoso das dúas metades da uva.
“As partes desta froita actúan como esferas de auga que, debido ao seu gran índice de refracción e pequena capacidade de absorción, crean resonadores a 2,4 ghz. Ambos os hemisferios cortados mostran un punto quente na zona de contacto que é suficiente para formar un campo de iones co sodio e o potasio (abundantes na pel), o que acaba acendendo o plasma”, escriben.
FONTE: David Ruiz Marrull/lavanguardia,com/ciencia
0 comentarios