Blogia
vgomez

RESPOSTAS AOS TÓPICOS SOBRE MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE III

3. A reciclaxe quita postos de traballo



Recollida residuos / Imaxe: ajuntament.barcelona.cat

Claro, e o Ratiño Pérez existe… A xestión e prevención de residuos non só non quita traballo senón que ten o potencial de crealo. Por exemplo, 7.860 persoas están empregadas de forma directa ou indirecta para completar o proceso de reciclaxe de envases de vidro. Así o calcula un estudo da Universidade de Málaga, a Universidade Carlos III de Madrid e Par Tres Egabrense. E o mesmo ocorre con outros sectores como o da reciclaxe de envases lixeiros, o papel e cartón.

Os postos de traballo vinculados coa reciclaxe son considerados polo Programa de Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente (PNUMA) como empregos verdes porque “reducen o impacto ambiental e as escasezas ecolóxicas para mellorar o benestar humano e a equidade social”, e supoñen un dos alicerces da economía circular, un modelo de produción e consumo co que se pretende estender o ciclo de vida dos produtos.

Segundo estimacións da Comisión Europea, recollidas neste informe elaborado pola Fundación COTEC, se se aplica toda a normativa vixente en materia de residuos (entre os que se atopan a reciclaxe do 70 por cento de residuos domésticos e o 80 por cento de envases) crearíanse máis de 400.000 empregos na Unión Europea, dos cales 52.000 localizaríanse en España.

FONTE:verne/elpais.com

0 comentarios