Blogia
vgomez

MUNDIAL 2026

COPA MUNDIAL FIFA 2026

A Copa Mundial da FIFA México/Estados Unidos/Canadá 2026 é a vixésima terceira edición da Copa Mundial de Fútbol organizada pola FIFA e desenvólvese do 11 de xuño ao 19 de xullo de 2026 no Canadá, Estados Unidos e México.

É a primeira vez que se outorga a sede a tres países. México é o primeiro país en organizar tres copas do mundo (despois das edicións de 1970 e 1986), Estados Unidos é o sexto en albergar polo menos dúas edicións (tras o certame de 1994) e Canadá é sede por primeira vez.

Este torneo é o primeiro en incluír 48 equipos, unha expansión de dezaseis. A oferta norteamericana superou a proposta rival de Marrocos durante a votación final no 68º Congreso da FIFA o 13 de xuño de 2018 en Moscova. O evento volve ao seu calendario tradicional de verán no hemisferio norte, despois de que a edición de Catar 2022 celebrouse en novembro e decembro.

Esta é a distribución por grupos:

Grupo A: México, Sudáfrica, República de Coreae Chequia

Grupo B: Canadá, Bosnia e Hercegovina, Catar e Suíza

Grupo C: Brasil, Marrocos, Haiti e Escocia

Grupo D: Estados Unidos, Paraguai, Australia e Turquía

Grupo E: Alemaña, Curazao, Costa do Marfil e Ecuador

Grupo F: Países Baixos, Xapón, Suecia e Tunes

Grupo G: Bélxica, Exipto, RI de Irán e Nova Zelandia

Grupo H: España, Cabo Verde, Arabia Saudita e Uruguai

Grupo I: Francia, Senegal, Iraq e Noruega

Grupo J: Arxentina, Alxeria, Austria e Xordania

Grupo K: Portugal, RD Congo, Usbequistán e Colombia

Grupo L: Inglaterra, Croacia, Ghana e Panamá

Para seguir os resultados preme AQUI.