Blogia
vgomez

MÚSICA

ARTISTA REVELACIÓN GRAMMYS 2025

No Crypto.com Area de Los Ángeles (California) fixo honra ás mellores gravacións, composicións e artistas do período de selección do ano pasado segundo a Academia de Gravación nos premios Grammys 2025.

Alí, un dospremios, na categoría de mellor artista revelación, trouxonos Chappell Roian, nome artístico da cantante e compositora estadounidense Kayleigh Rose Amstutz (Willard-Misuri, 19 de febreiro de 1998).

A tela en conta de aquí en diante!

MELODY: QUEN TE VIU E QUEN TE VE

Melodía Ruiz Gutiérrez (Dos Hermanas-Sevilla, 12 de outubro de 1990), máis conocida como Melody, será a representante de España en Eurovisión 2025.

Aquela rapaza de 10 anos, convertíu o tema O baile do gorila na canción do verán de 2001. Agora despois de gañar o Benidorm Fest 2025 co tema Esa diva.

Quen te viu e quen te ve! Eres unha artista nata!

Moita sorte!

CONVENSIDO

 

Convensido’ é o primeiro adianto do novo disco de Heredeiros da Crus que sairá a venta o próximo 21 de febreiro. Este grupo de rock gallego fundouse en 1992 en Ribeira.

Coma sempre cunha letra provocadora!

MUSICA DE NADAL

 

Moitas son as músicas de Nadal, pero hai dúas icónicas e representativas de dúas épocas:

1.White Christmas” (“Branco Nadal”), escrito Irving Berlin (Bielorrusia, 1888- Nueva York, 1989), e interpretado por Bing Crosby (Washington, 1903- Madrid, 1977)

2. "All i want for christmas is you" ("Todo o que quero para Nadal eres ti"), de  Mariah Carey (Huntington, Nueva York, 1969)

Disfrutade delas!

SUSANA SEIVANE: SETE

Susana Seivane (1976) regresa á actualidade musical con Non é non, adianto do seu disco Sete que se publicou onte, 7 de decembro.

Cunha mensaxe positiva, a factura do vídeo pretende recrear ás sombras que enardecen as vidas das mulleres que sofren en silencio en contraste cos momentos de clarividencia e serenidade, necesarios para atopar a forza para empurrar e sair da clandestinidade. Para recrear estes matices, o vídeo foi gravado en Lobios (Ourense), sendo a última filmación permitida no poboado de Aceredo, que reflicte a antítesis do sufrimento e a liberación.

A gaiteira utiliza a forza do seu instrumento para elevar o berro ao máis alto nivel e traspasar o silencio que cobre unha secuela incesante na nosa sociedade.

Espectacular!

TANXUGUEIRAS: AIRE

Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío, as integrantes de Tanxugueiras, sacaron un novo sinxelo, “Aire”.

Segundo elas: ’Aire’ é un tema que fala da liberdade, de ser e de reinventarse. Unha viaxe a toda velocidade sen pensar moi ben nas consecuencias e actuando de forma inconsciente, pero facéndoo desde a verdade e o sentimento máis salvaxe e instintivo, buscando unha evolución persoal. Coma sempre, nel reside unha mensaxe empoderador onde se anima a todas as persoas a levar o seu ser á máxima potencia, e a brillar sen medo aos prexuízos nin ao qué dirán".

Música galega pero sen abandoar ritmos urbanos e electrónicos.

"Dáche igual" - Chris Indian e hydn

 

Xa está aquí a última proposta do concurso ’unha canción para Esther’. Neste caso, son Chris Indian e Hydn co tema "Dáche igual". 

#DígochoEu

TANXUGUEIRAS: AIRE

 

Tanxugueiras (Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro) continúan explorando novos sons, sen perder a súa esencia tradicional, recollendo o legado das pandeireteiras galegas e levándoo á escena actual con ritmos de trap ou electrónica.

Hai uns días presentaron o seu novo traballo: Aire. Con Aire, falan de "liberdade, de ser e reinventarse", unha canción cunha mensaxe de empoderamento co que animan aos seus seguidores para "brillar sen medo aos prexuízos".

É o primeiro lanzamento tras a publicación de Diluvio, o seu último traballo, que suma xa máis de 60 millóns de visualizacións en todas as plataformas dixitais.

Aquí tedes o videoclip do tema!