Blogia
vgomez

MÚSICA

SUSANA SEIVANE: SETE

Susana Seivane (1976) regresa á actualidade musical con Non é non, adianto do seu disco Sete que se publicou onte, 7 de decembro.

Cunha mensaxe positiva, a factura do vídeo pretende recrear ás sombras que enardecen as vidas das mulleres que sofren en silencio en contraste cos momentos de clarividencia e serenidade, necesarios para atopar a forza para empurrar e sair da clandestinidade. Para recrear estes matices, o vídeo foi gravado en Lobios (Ourense), sendo a última filmación permitida no poboado de Aceredo, que reflicte a antítesis do sufrimento e a liberación.

A gaiteira utiliza a forza do seu instrumento para elevar o berro ao máis alto nivel e traspasar o silencio que cobre unha secuela incesante na nosa sociedade.

Espectacular!

TANXUGUEIRAS: AIRE

Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío, as integrantes de Tanxugueiras, sacaron un novo sinxelo, “Aire”.

Segundo elas: ’Aire’ é un tema que fala da liberdade, de ser e de reinventarse. Unha viaxe a toda velocidade sen pensar moi ben nas consecuencias e actuando de forma inconsciente, pero facéndoo desde a verdade e o sentimento máis salvaxe e instintivo, buscando unha evolución persoal. Coma sempre, nel reside unha mensaxe empoderador onde se anima a todas as persoas a levar o seu ser á máxima potencia, e a brillar sen medo aos prexuízos nin ao qué dirán".

Música galega pero sen abandoar ritmos urbanos e electrónicos.

"Dáche igual" - Chris Indian e hydn

 

Xa está aquí a última proposta do concurso ’unha canción para Esther’. Neste caso, son Chris Indian e Hydn co tema "Dáche igual". 

#DígochoEu

TANXUGUEIRAS: AIRE

 

Tanxugueiras (Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro) continúan explorando novos sons, sen perder a súa esencia tradicional, recollendo o legado das pandeireteiras galegas e levándoo á escena actual con ritmos de trap ou electrónica.

Hai uns días presentaron o seu novo traballo: Aire. Con Aire, falan de "liberdade, de ser e reinventarse", unha canción cunha mensaxe de empoderamento co que animan aos seus seguidores para "brillar sen medo aos prexuízos".

É o primeiro lanzamento tras a publicación de Diluvio, o seu último traballo, que suma xa máis de 60 millóns de visualizacións en todas as plataformas dixitais.

Aquí tedes o videoclip do tema!

NOSO SON (SALSA GALEGA)

 

Noso son. Iste é o último traballo de Iago González Alosno, profesor de linguaxe musical do Cmus de A Coruña.

Un tema de salsa galega!

Parabén. Moi bo!

'Río' - Rhome ft. Esther Estévez [finalista do concurso Unha canción para Esther]

 

Aquí tes a segunda canción finalista do concurso Unha canción para Esther’! É Rhome e cántanos ’Río’.

#DígochoEu

A VIRXE DO PORTOVELLO

 

Tanxugueiras e Rozalén lanzaron o pasado venres A Virxe Do Portovello. Unha canción en galego que forma parte do novo disco da cantautora, Matriz, co que a albaceteña busca mostrar o seu respecto e agradecemento polo folclore español.

A Virxe Do Portovello comeza con Rozalén cantando a capela e co único son de fondo do mar. A parte musical arrinca a continuación, xa coa aparición de Olaia e Sabela Maneiro e Aida Tarrío, así como de Beatriz Romero e os músicos, nun percorrido por unha letra que chora á xente que deixa a vida no mar.

A ter en conta!

SINTONÍA OFICIAL DA VOLTA 2022

Aquí tes a sintonía oficial da Volta 2022. Interpretada por Lorena Medina (Mexico, 1992), o tema ten moito ritmo e un son moi bailable, a melodía e a letra do tema reflicten a alegría e a ilusión que se vivirá a partir do próximo 19 de agosto na saída oficial desde Holanda, e, posteriormente, por toda España. Nesta ocasión, o anuncio combina pasado, presente e futuro a través dunha mestura de imaxes retro e vangardista.