Blogia
vgomez

MÚSICA

SUECIA GAÑA O FESTIVAL DE EUROVIÓN 2015

 

O sueco Måns Zelmerlöw logrou onte á noite a vitoria no LX edición do Festival de Eurovisión con 365 puntos.  O seu incontestable triunfo no certame, non silenciou as acusacións de plaxio que dende o seu triunfo na preselección do seu país se foron sucedendo. E todo porque o seu tema, «Héroes», parécese moito ao hit de David Guetta «Lovers on the sun (Xuzgade vós).

Edurne, a representante española, rematou no posto 21, con 15 puntos,  co tema Amanecer.

Se queres repasar todas as canción deste festival só tes que premer AQUÍ.

O ano próximo a edición XLI deste festival celebrarse en Suecia. Esperemos que daquela os resultados para España sexan mellores.

EUROVISIÓN 2015

 

A cantante Edurne, co tema  “Amanecer” será a representante de España, que con outros 39 paises competirán no LX Festival da Canción de Eurovisión 2015, que se celebrará en Viena (Austria) os días 19, 20 e 21 de maio.

Para os seguidores deste tipo de eventos, premendo AQUÍ, tedes toda a infomación sobre o mesmo.

Boa sorte!

PREMIOS GRAMMY 2015: SAM SMIITH

PREMIOS GRAMMY 2015: SAM SMIITH

Premio Grammy/  Imaxe: www.elepe.com

Un cantaautor británico, Sam Smith,  de 22 anos e cunha voz difícil de clasificar, foi o gañador da edición número 57 dos Premios Grammy, que se celebraron o pasado domingo no estadio Staples Center dos Ánxeles.

Arrasou cos premios á mellor gravación do ano: "Stay With Me", mellor canción do ano: "Stay With Me", mellor artista novo: Sam Smith e mellor album pop vocal: "In The Lonely Hour".

Impresionante!

TODA MÚSICA QUE QUEIRAS: SPOTIFY

TODA MÚSICA QUE QUEIRAS: SPOTIFY

 Logo Spotify / Imaxe: itespresso.es 

 

Gústache escoitar música? Si. Enton seguro que coñeces ou eres usuario de Spotify.

Para aqueles que aínda non o coñecen aí van uns cantos datos: Spotify é unha aplicación gratuíta para a reprodución de música en streaming a través de internet. O seu lanzamento produciuse en 2006 e hoxe conta con máis de 26 millóns de usuarios.Ten un catálogo inmenso de música, avalado polas principais discográficas, que podemos explorar grazas ao seu excelente buscador. Outra forma de gozar do catálogo é usando a súa radio clasificada por xénero e data.

Require un rexistro gratuíto en Spotify.com. As contas gratuítas teñen como limitación a posibilidade de que se inclúan anuncios sonoros cada certo tempo.

Se queres mergullarte  nesta aplicación só tes que premer AQUÍ.

Merece a pena!

AS CANCIÓNS DO MUNDIAL DE FÚTBOL 2014

 

Sempre que acontece algún evento deportivo importante, rápidamente saen á palestra cancións promocionais. É o caso do Mundial de Fútbol de Brasil que comezará o próximo día 12. Aquí tedes as dúas máis sonadas:

A primeira, “Vida”, na que Ricky Martin ofrece un tema moi bailable con claras influencias latinas e cunha coreografía moi sinxela de bailar.

A segunda, We are one (Ole, Ola)”, na que o cantante cubanoamericano Pitbull, xunto con Jennifer López e Claudia Leitte cantan e bailan nun ambiente carnavalesco.

Tedes onde escoller!

"SEGUIREMOS", UNHA MENSAXE DE ESPERANZA

 

Os nenos e nenas da planta de Oncoloxía do Hospital Sant Joan de Déu, e os profesionais e voluntarios que os acompañan no centro, cantan xunto a  Macaco (Daniel Carbonell, Barcelona-1972) a canción "Seguiremos", unha mensaxe de esperanza para concienciar sobre a importancia da investigación na loita contra o cancro infantil.

Estamos con eles!


MÚSICA: AUSTRIA GAÑA EUROVISIÓN 2914

 

Austria con 290 puntos foi a gañadora do Festival de Eurovisión 2014 celebrado en Copenhage (Dinamarca), cuxa final se celebrou esta pasada noite.

Conchita Wurst (a drag queen, cuxo nombre real é Tom Neuwirth, nacido en 1988 na localidad austriaca de Gmunden) gañou co tema "Rise like a phoenix", unha balada clásica, orquestal.

España, con Ruth Lorenzo, acadou o posto 10, con 74 puntos, empatando coa anfitriona Dinamarca.

Parabéns!

FESTIVAL DE EUROVISIÓN 2014

 

Un ano máis, procedeuse a elección do representante español no LIX Festival da Canción de Eurovisión a celebrar en Copenhaguen (Dinamarca) os días 6, 8 e 10 de maio, recaendo na cantante Ruth Lorenzo Pascual (Murcia, 1982).

O tema que levará titúlase "Dancing in the rain". No vídeo superior podedes ver a súa interpretación.

Boa sorte!