Blogia
vgomez

MÚSICA

EUROVISIÓN 2011

EUROVISIÓN 2011

 

O LVI Festival da Canción de Eurovision celebrarase o próximo sábado,14 de maio, en Düsseldorf , Alemaña, aínda que dende onte , día 10, e mañá, día 12, celébranse semifinais para o gran dia.

A galega Lucía Pérez  será a representante española no festival, co tema "Que me quiten lo bailao".

Paises participantes en Eurovisión 2011


Paises participantes en Eurovisión 2011

Para seguir todas as incidencias deste evento pincha AQUÍ.

Sorte para nosa representante!

MÚSICA: AKIRA MIYAGAWA

 

Akira Miyagawa  é un coñecido músico, compositor e director de orquestra xapones (1961). Aquì o tedes, cos seus alumnos interpretan unha mestura do clàsico e o popula: A sinfonìa número 5 de Beethoven  e o mambo número 5 de Pérez Prado . O resultado: Fantástico!

 


DI ELAS

 

Di Elas é o nome dunha banda formada no 2008, que nun primeiro momemnto chamouse The Ellas e que se define como productora de "power-rock".

Os compoñentes do grupo son: Luis Tosar: voz, armónica e guitarras acústicas; Piti Sanz: guitarras, coros, percusión; Ro Muñoz: batería; Iván Laxe: baixo e Suso Alonso: teclados.

O seu primeiro album leva por título "Di Elas", o mesmo que o do grupo. Aquí tedes o videoclip do single "Volver". Ten boa pinta! Que disfrutedes!

MÚSICA: PREMIOS GRAMMY LATINO 2010

 

Na pasada madrugada entregáronse en Las Vegas (cidade máis grande do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, capital Mundial do Entretemento) os premios Grammy Latino da The Latin Recording Academy na súa undécima edición.

Juan Luis Guerra foi o maior protagonista ao conseguir tres dos cuatro premios aos que aspiraba, incluído o do álbum del ano por A son de guerra, xunto á súa banda 4.40.

Outros gañadores foron:

O grupo mexicano Camila, con dous gramófonos dourados, á grabación do ano por Mientes e ao mellor álbum vocal pop dúo ou grupo, por Dejarte de amar.

O arxentino Gustavo Cerati, foi o gañador ao mellor álbum de rock por Fuerza Natural e  mellor canción por Dejà Vu.

O noso compatriota, Alejandro Sanz, no apartado de álbum pop vocal, por Paraíso Express.

A canadiense Nelly Furtado, no mesmo apartado que Alejandro pero na súa versión feminina, por Mi plan.

O cubano Álex Cuba, gañou o premio ao mellor novo artista.

O español Tomatito, conseguíu o premio ao mellor álbum de flamenco por Sonanta suite.

A rapera española Mala Rodríguez, coa canción No pidas perdón, gañou o seu á mellor canción urbana.

Felicidades a todos!

Por certo, arriba tedes o vídeo oficial do tema central do álbum do ano por A son de guerra  de Juan Luis Guerra:  La Guagua.

NOVO TRABALLO DE DOVER

NOVO TRABALLO DE DOVER

 

O grupo madrileño DOVER acaba de presentar o seu novo traballo, a sétima produción do grupo, que leva por título "I Ka Jené", un disco con influencias africanas.

Das 10 propostas do traballo, aquí tes o primeiro tema: "Dannayá"

Dover, xurdíu a finais dos 80 e esta formado por: Amparo LLanos, Cristina Llanos, Jesús Martínes e Samuel Titos. Se queres coñecer máis sobre este grupo preme na súa Web oficial DOVER .

MÚSICA Á CARTA

MÚSICA Á CARTA

Rokola.fm / Imaxe:srpolo.wordpress.com

Di un dito popular que "a música amansa as feras", e algo parece ser pois na miña terra cando pasaban os rallyes de coches por zonas de granxas de polos, xa días antes, poníanlle música para adaptalos horas antes de que pasasen os coches, e parecía efectivo, non se alteraban, evitando moitas mortes. Tamén hai estudos sobre a tranquuilidade que teñen os rapaces pequenos cando escoitan música clásica e incluso algún  afirma que os volve máis intelixentes.
Deixando os ditos e os comentarios, existe unha emisora de música en internet, onde ti podes escoller a música en función do teu estado emocional: optimista, sentimental, intenso ou melancólico. Só tes que picar, escoller idioma, ano e a escoitar.
Paréceche interesante? Pois se é así só tes que picar neste enlace  Rokola.fm.
Que disfrutes!

 


PHIL COLLINS

PHIL COLLINS

CARLOS SANTANA

 

Santana  chegou a ser considerado uno dos mellores guitarristas instrumentais durante as décadas dos 70 e 80. Carlos Augusto Santana Alves, que é o seu verdaiero nome, naceu en Autlán de Navarro-Jalisco-México en 1947.

Na próxima semana, concretamente o día 21, presenta un novo disco: Guitar Heaven The Greatest Guitar Classics of All Time. Nel lévanos polas mellores cancións do mundo interpretadas por este virtuoso guitarrista. Como mostra un dos temas, que podes escoitar "While my guitar gently weeps" dos The Beatles, no que conta coa colaboración da cantante India Arie e o violonchelista Yo-Yo Ma.

Espero que disfrutedes!

Por certo, se queres coñecere máis deste  fenómeno da guitarra pincha AQUÍ.