Blogia
vgomez

NOTICIAS DAS CIENCIAS

O DESPERTAR DO SOL

O DESPERTAR DO SOL
Primeira mancha do novo ciclo solar observada polo Soho (ESA-NASA)
O pasado mes de xaneiro, o satélite europeo-estadounidense Soho detectou unha mancha que mostra que o Sol entra nun novo ciclo, no que o número de tormentas solares aumentarán nos próximos anos.

A maior ou menor actividade do Sol tradúcese en máis ou menos tormentas solares, fenómenos nos que a estrela emite potentes chorros de partículas cargadas que interaccionan co campo magnético terrestre, podendo afectar a satélites en órbita, telecomunicacións, instalacións eléctricas na Terra e o risco de radiaccións para os astronautas.

Este ciclo dura uns 11 anos.
Se queres ampliar a noticia pincha en O DESPERTAR DO SOL

NOVA ESPECIA DE "ELEFANTE MUSARAÑA"

NOVA ESPECIA DE "ELEFANTE MUSARAÑA"

O último número da revista "Journal of Zoology" publica o descubrimento dunha nova especie dun "estraño" mamífero nas montañas Udzungua en Tanzania (África), que parece ser unha mestura de antílope anano e un pequeno oso formigueiro ao que bautizaron como "Rhynochocyon udzungwensis".

Esta especie pertence a familia dos elefantes musaraña e ten o tamaño dun gato; pesa uns 700 g e mide uns 30 cm. Sérvese da súa trompa para cazar insectos, especialmente termitas. Está activo dende amencer ata o anoitecer.

 

 

ASTRÓNOMOS GALEGOS DESCUBREN UN NOVO PLANETA XIGANTE

ASTRÓNOMOS GALEGOS DESCUBREN UN NOVO PLANETA XIGANTE
Estudiando as órbitas das estrelas que forman Gliese 22 (composto por tres ananas vermellas) un grupo de científicos españois diricxdos polo galego José Docabo dende o Observarorio Astronómico  Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaban de descubrir un novo planeta  con unha masa 16 veces maior  que a de Xupiter, o maior do noso Sistema Solar.
Se queres ampliar a noticia pincha en NOVO PLANETA 

O ASTEROIDE "2007 TU24" PASARA HOXE PRETO DA TERRA

O ASTEROIDE "2007 TU24" PASARA HOXE PRETO DA TERRA
O asteroide "2007 TU24" , que ten un tamaño entre  entre os 150 e os 610 m, rozara esta noite a Terra, no que será a súa máxima aproximación dun destes obxectos ata dentro de dúas décadas. É algo previsto e está, con antelación, calculado polo que non ten perigo para nós, só é algo de interese para os estudiosos da astronomía.
Dende España será practicamente invisible pois cando pase a 537.500 Km, xa será de día (09:30).
De calquera xeito hai unha pregunta: ¿Chegará  a chocar algún asteroide contra a Terra? ¿Poderemos estar preparados e solventar esa situación?
 
 

ROEDOR XIGANTE

ROEDOR XIGANTE
Recreación artística do roedor xigante (Foto: Royal Society)
Ao parecer hai entre dous e catro millóns de anos, desapareceu un roedor xigante que habitaba o actual continente Sudamericano, deixando importantes restos fósiles que permitiron aos paleontólogos e físicos uruguaios obter unha información sobre este descomunal roedor. A parte mellor conservada era o cranio.
Vivíu no Plioceno-Pleistoceno e chegaba a pesar 1000 kg. Déronlle por nome "Josephoartigasia monesi", pertencente a familia dos "Dinomydae", do grupo dos roedores xigantes extintos dos que non quedan máis que dúas especies: a capibara ( de aproximada 60 kg) e a pacarana (de 15 kg).
A orde dos roedores é o grupo máis abundante dos mamíferos vivos cun 40% das especies coñecidas.

Para ampliar a noticia pincha en:Roedor xigante


¿MATARON OS INSECTOS AOS DINOSAURIOS?

¿MATARON OS INSECTOS AOS DINOSAURIOS?
Ata agora, os científicos estaban en xeral de acordo sobre a extinción dos dinosaurios. Desde hai un par de décadas, a maioría dos científicos compartían a teoría de que un meteorito ao final do Cretácico (aproximadamente hai 65 millóns de anos) impactou sobre a Terra e causou a desaparición de preto do 50% dos xéneros biolóxicos existentes, entre eles a familia máis completa dos dinosaurios.
Pero unha nova teoría está cobranzo forza dentro do mundo científico encargada de investigar a extinción dos dinosaurios. A revista Time publica que un estudio elaborado por dous profesores da Unviesidade de Princenton (George Pinar, zoólogo, e Roberta Pinar, experta en infeccións) na que formula unha hipótese de que foron os insectos os que acabaron cos dinosaurios.
Os autores defenden a súa teoría alternativa según a que os insectos transmitiron microbios entre os dinosaurios que causaron novas enfermidades, entre elas a malaria, para as que non tiñan mecanismos de defensa desenvolvidos.
Os expertos aseguran que atoparon probas de parásitos fechados no período Cretácico.


 

ATOPADO O ESLABÓN PERDIDO DAS BALEAS

ATOPADO O ESLABÓN PERDIDO DAS BALEAS
Representación dun "Indohyus" o antepasado da balea (Foto.NATURE)
Un pequeno animal, cunha apariencia entre un roedor e un antílope, é o eslabón perdido entre as baleas e aqueles mamíferos carnívoros de catro patas que, según as probas, foron os seus antepasados sobre a Terra. Os restos fosilizados dese animal, bautizado como "Indohyus raoellidae" polos seus descubridores apareceron nun xacemento na rexión india de Cachemira.
Se queres ampliar a noticia pincha en:
Localizado el eslabón perdido de las ballenas | elmundo.es

ENTRA EN ERUPCIÓN O VOLCÁN LLAIMA

ENTRA EN ERUPCIÓN O VOLCÁN LLAIMA

O Llaima, volcán ubicado no sur de Chile, entrou en erupción o 1 de xaneiro. O volcán atópase na rexión sureña de A Araucania, dentro do Parque Nacional de Conguillío, do que se atopan preto as cidades turísticas de Churacautín, Cherquenco e Melipeuco, polo que foron evacuados decenas de turistas.

O volcán Llaima xa tivera a mediados do 2007 un aumento importante da súa actividade.