Blogia
vgomez

O CEO DO MES

O CEO DO MES: ABRIL 2019

 

5 de abril: Lúa Nova

12 de abril: Cuarto Crecente

19 de abril: Lúa Chea

26 de abril: Cuarto Minguante

Chuvia de Meteoros: Líridas, do 14 ao 30 de abril, con máximo do 22 ao 23. O seu corpo proxenitor é o cometa C/1861 G1 Thatcher e o radiante é Lira, constelación da que toma o seu nome.

O CEO DO MES: MARZO 2019

 

6 de marzo: Lúa Nova

14 de marzo: Cuarto Crecente

20 de marzo: Comezo da Primavera

21 de marzo: Lúa Chea

28 de marzo: Cuarto Minguante

31 de marzo: Cambio de hora. Horario de verán

Chuvia de meteoros: Nada que reseñar.

O CEO DO MES: FEBREIRO 2019

 

Lúa Nova: 4 de febreiro

Cuarto Crecente: 12 de febreiro

Lúa Chea: 19 de febreiro

Cuarto Minguante: 26 de febreiro

Chuvia de meteoros: Nada que reseñar.

O CEO DO MES: XANEIRO 2019

 

3 de xaneiro: Perihelio (máximo achegamento entre a Tierra e o Sol)

6 de xaneiro: Lúa Nova. Eclipse parcial se Sol. Non visible no nos país.

14 de xaneiro: Cuarto Crecente

21 de xaneiro: Lúa Chea. Eclipse total de Lúa. Visible no noso país.

27 de xaneiro: Cuarto Minguante

Chuvia de estrelas: Cuadrántidas: do 28 de decembro de 2018 ao 12 de xaneiro de 2019, con máximo o 3 de xaneiro. O corpo proxenitor das Cuadrántidas foi probablemente identificado como o asteroide 2003 EH1, que se cre que foi á súa vez o cometa C/1490 Y1, que observaron astrónomos chineses, xaponeses e coreanos hai 500 anos. Son meteoros de velocidade moderada que radian da constelación do Boiero ou Boötes. Porén, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boiero.

O CEO DO MES: DECEMBRO 2018

 

7 de decembro: Lúa Nova

15 de decembro: Cuarto Crecente

21 de decembro: Comeza o Inverno

22 de decembro: Lúa Chea

29 de decembro: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Xemínidas: do 7 ao 17, con máximo nas noites do 13 e 14.É unha chuvia de actividade alta (120 meteoros/hora). O “responsable” é o asteroide Faetón, e a choiva aparece no ceo nocturno cando Terra choca contra o “po” da súa  órbita a unha velocidade relativa de 35 km/s.

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2018

 

7 de novembro: Lúa Nova

15 de novembro: Cuarto Crecente

23 de novembro: Lúa Chea

30 de novembro: Cuarto Minguante

Chuvia de Meteoros: Leónidas: do 5 ao 30 de novembro, con máximo do 17 ao 18. A súa orixe está nos restos que deixa tras de si o cometa 55 P/ Tempel- Tuttle, que foi descuberto o 19 de decembro de 1865. O seu radiante é a constelación de Leo, de aí o seu nome.

O CEO DO MES: OUTUBRO 2018

 

2 de outubro: Cuarto Minguante

9 de outubro: Lúa Nova

16 de outubro: Cuarto Crecente

24 de outubro: Lúa Chea

28 de outubro: Cambio de hora. Horario de inverno.

31 de outubro: Cuarto Minguante

Chuvia de Meteoros: Oriónidas: do 4 de outubro ao 14 de novembro, con máximo o 21-22. O seu radiante é a constelación de Orión, sendo o seu corpo proxenitor o cometa 1P/Halley. Actividade moderada.

O CEO DO MES: SETEMBRO 2018

 

3 de setembro: Cuarto Minguante

9 de setembro: Lúa Nova

18 de setembro: Cuarto Crecente

23 de setembro: Comezo do Outono

25 de setembro: Lúa Chea. Coñecida popularmente como lúa da colleita.

Chuvia de meteoros: Nada reseñable.