Blogia
vgomez

O CEO DO MES

O CEO DO MES: FEBREIRO 2023

Lúa Chea / Lúa de Neve de 2022 /

5 de febreiro: Lúa Chea. Lúa de Neve

13 de febreiro: Cuarto Minguante

20 de febreiro: Lúa Nova

27 de febreiro: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Nada reseñable


O CEO DO MES: XANEIRO 2023

 

7 de xaneiro: Lúa Chea

15 de xaneiro: Cuarto Minguante

21 de xaneiro: Lúa Nova

28 de xaneiro: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: CuadrántidasDo 1 ao 6, con máximo a noite do 3 ao 4. É unha choiva de meteoros de actividade alta. O seu máximo é o 3 do devandito mes con THZ 120, o que a converte na chuvia máis activa do ano, xunto ás Xemínidas. O seu corpo proxenitor foi probablemente identificado como o asteroide 2003 EH, que se cre que foi á súa vez o cometa C/1490 Y1 que observaron astrónomos chineses, xaponeses e coreanos hai uns 500 anos. O seu radiante é a constelación do Boyero ou Boötes. Con todo, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boyero.

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2022

1 de novembro: Cuarto Crecente

8 de novembro: Lúa Chea. Este día haberá unha Eclipse Total de Lúa, non visible no nos país.

16 de Novembro: Cuarto Minguante

23 de Novembro: Lúa Nova

30 de novembro: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: Táuridas : do 7 de setembro ao 10 de decembro, con máximo a noite do 4 ao 5 de novembro. O seu corpo proxenitor é cometa 2P/Encke e o radiante a constelación de Tauro. Leónidas: do 6 ao 30 de novembro, con máximo do 17 ao 18. O corpo proxenitoré o cometa Tempel-Tuttle e o radiante a constelación de Leo.

FONTE E IMAXE: muyinteresante.es/ciencia

O CEO DO MES: OUTUBRO 2022

O ceo do mes de outubro / astroilusion.es

3 de outubro: Cuarto Crecente

9 de outubro: Lúa Chea

17 de outubro: Cuarto Minguante

25 de outubro: Lúa Nova. Durante a mañá poderá verse unha eclipse parcial de Sol. Lamentablemente dende Galicia non será visible pero si no nordés do noso país.

30 de outubro: Cambio de hora (horario de inverno).

Chuvia de meteoros: Dracónidas: do 6 ao 10, con máximo na noite do 8 ao 9. O seu corpo proxenitor é o cometa 21P/Giacobini-Zinner e o seu radiante é a constelación Draco. Oriónidas: do 2 de outubro ao 7 de novembro, con máximo na noite do 21. O seu corpo proxenitos é o cometa 1P/Halley e o seu radiante a constelación de Orión.

O CEO DO MES: SEBREMBRO 2022

O próximo día 23, quinoccio de outono, día no que o día e a noite ten a mesma duración. Instante no que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur.

3 de setembro: Cuarto Crecente

10 de setembro: Lúa Chea. Lúa da Colleita

17 de setembro: Cuarto Minguante

23 de setembro: Comezo do Outono

25 de setembro: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Nada reseñable

O CEO DO MES: AGOSTO 2022

 

5 de agosto: Cuarto Crecente

12 de agosto: Lúa Chea. Superlúa do Millo Verde ou Lúa do Gran

19 de agosto: Cuarto Minguante

27 de agosto: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Perseidas ou bágoas de San Lourenzo: do 17 de xulio al 24 de agosto, con máximo do 12 ao 13 de agosto. O seu corpo proxenitor é o cometa 109P/Swift+Tittle e seu radiante a constelación de Perseo. Desafortunadamente ao coincidir coa lúa chea, bloqueará todos os meteoros menos os máis brillantes.

O CEO DO MES: XULLO 2022

Esta lúa chea era coñecida polas primeiras tribos nativas americanas como Buck Moon ou lúa de cervo, porque os cervos machos comezaban a desenvolver as súas novas hastas nesta época do ano. Verémola un pouco máis grande e brillante do habitual / bioguia.com

7 de xullo: Cuarto Crecente

13 de xullo: Lúa Chea (Superlúa. Lúa do cervo)

20 de xullo: Cuarto Minguante

28 de xullo: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Delta Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo na noite do 29 ao 30. O seu radiante é a estrela delta, denominada como Skat, da constelación de Acuario. O corpo proxenito son os entullos deixados polos cometas Marsden e Kracht.

FENÓMENO ASTRONÓMICO: ALIÑACION DE CINCO PLANETAS

O ceo contará cunha anómala aliñación dos planetas, colocados no ceo segundo a súa distancia ao Sol / Observatorio Astronómico Nacional

Este mes de xuño trae consigo o primeiro fenómeno astronómico do verán: dende o pasado domingo ata o final desta semana os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter, Saturno e máis a Lúa, poderán observarse a simple vista no ceo, sen precisar telescopio. Este feito, apuntan os expertos, non é algo habitual, aínda que xa acontecera no século pasado e, máis recentemente, no ano 2014.

Sobre o mes de novembro tamén tivemos unha aliñación observable a vista de todo o mundo, na que estaban Venus, Xúpiter e Saturno, e na que entrou despois a Lúa. Pero a que está a a acontecer agora é moito máis completa, porque van estar todos os planetas observables a simple vista (Venus, Marte, Xúpiter e Santurno) e tamén os dous que requiren de telescopio para poder ser apreciados no ceo: Urano e Neptuno”, explica José Ángel Docobo, director do observatorio astronómico Ramón María Aller Ulloa, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Este sorprendente escenario poderá ser visto sen telescopio entre 45 minutos e 1 hora antes da saída do Sol, comezando dende o leste. Neste momento os planetas aliñaranse no ceo segundo a súa distancia co Sol, de forma que o máis baixo de todos será o que máis preto se atope da gran estrela. “Este feito é algo moi curioso. Primeiro estará Mercurio, logo Venus, Marte, Xúpiter e por último Saturno. Ademais, os outros dous planetas, que únicamente poderán ser vistos cun telescopio, posicionaranse entre os xa mencionados: Urano estará no medio de Venus e Marte e Neptuno entre Xúpiter e Saturno”, expón Docobo. “Este fenómeno tardará, polo menos, 18 anos máis en volver repetirse“, engade o experto.

Segundo expón o Real Observatorio de Madrid en Twitter, esta semana, ao anoitecer, a Lúa iluminará todo o ceo polo sudeste e hoxe, martes 14 de xuño, o satélite da Terra estará en fase chea, coincidindo a súa saída coa posta de Sol. Ademais, será lixeiramente máis grande do habitual.

FONTE: gciencia.com