Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CINE: A BOLA NEGRA

Esta fin de semana a película A bola negra, inspirada na obra inacabada homónima de Federico García Lorca, da que o escritor granadino redactou apenas catro páxinas antes de ser asasinado en 1936, e na peza teatral A pedra escura de Alberto Conejero. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: La bola negra

Ano: 2026

Duración: 155 min.

País: España España

Xénero: Drama

Dirección: Javier Calvo, Javier Ambrossi

Guión: Javier Calvo, Javier Ambrossi. 

Música: Raül Refree

Fotografía: Gris Xordana

Montaxe: Alberto Gutiérrez

Coprodución: España-Francia; Suma Content, Movistar Plus+, O Desexo, Le Pacte, Atresmedia Cine.

Distribuidora: Elastica Films, Movistar Plus+

Reparto: Guitarricadelafuente, Carlos González, Milo Quifes,  Miguel Bernardeau, Lola Dueñas, Penélope Cruz, Glenn Close...

Sinopse: O título alude á práctica de rexeitar a solicitude de ingreso dun mozo homosexual nun club social de Granada mediante unha bóla negra. As vidas interconectadas de tres homes en tres épocas distintas (1932, 1937 e 2017). Tres existencias intimamente ligadas pola sexualidade e o desexo, a dor e a herdanza.

A IA é máis voraz do que parece

Unha simple consulta viaxa ata enormes centros de datos que traballan sen parar, xeran calor e necesitan recursos para responder. A IA pode cambiar o mundo, pero o seu impacto é gravísimo? Canta electricidade e auga consome a intelixencia artificial? 

CINE: A CONSTELACIÓN DO CAN (THE DOG STARRA)

Esta fin de semana chega aos cines a película A constelación do can, basada na novela homónima de 2012 de Peter Heller. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: The Dog Stars 

Ano: 2026

Xénero: Ciencia ficción. Futuro postapocalíptico 

Compañías: Scott Free Productions. Distribuidora: 20th Century Studios

Duración: 118 min.

País: Estados Unidos 

Dirección: Ridley Scott

Produción: Ridley Scott, Michael Pruss, Cliff Roberts e Mark L. Smith

Guión: Mark L. Smith, Christopher Wilkinson

Música: Harry Gregson-Williams

Fotografía: Erik Messerschmidt

Reparto: Jacob Elordi, Margaret Qualley, Josh Brolin, Guy Pearce, Benedict Wong...

Sinopse: Nun mundo postapocalíptico, un virus aniquila a practicamente toda a humanidade. Os sobreviventes enfróntanse a uns carnazais errantes chamados Segadores. O protagonista, Hig (Helordi), un piloto civil, sobreviviu á gripe pero perdeu á súa muller, e un duro exmarine (Brolin) enfrontaranse aos invasores e á esperanza dunha vida mellor fóra da súa actual morada.

Scott ainda segue a facer boas películas aos seus 88 anos!

HUMOR REAL: ROBOT NO RURAL

A viñeta de Davila (Luis Davila, Bueu-Pontevedra, 1972), publicada hoxe no Faro de Vigo, saca punta á velocidade dun robot humanoide nos 100 metros lisos, eso si xa con timtes galegos no rural, cambiando os marcos (unha pesadela nos lindes con veciños que sempre acaban mal).

Con bos maestros aprenden rapidamente!

VUELTA CICLISTA A ESPAÑA 2026

Hoxe, 22 de agosto, comeza La Vuelta Ciclista a España 2026, que rematará o 13de setembro..Constará de 21 etapas e cubrirá unha distancia total de 3.275 km, distribuidos en:
    4 etapas onduladas
    1 etapa ondulada con final no alto
    4 etapas chairas
    4 etapas de media montaña
    6 etapas de montaña
    2 contrarreloxo individuais
    2 días de descanso

Participarán 184 ciclistas que forman 23 equipos.

Este é o seu percorrido:

Para seguir polo miudo resultados e información de cada etapa preme AQUÍ.

Sorte a todos!

RELATOS DE VERÁN: A PRIMEIRA PATACA

Sigo periódicamente OS RELATOS DO VERÁN do xornal La Voz de Galicia na súa 27 edición, e chamoume a atención este relato que paso a reporoducir: A primeira pataca de Iago Cardalda.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Meu pai dixo que había que limpar a horta antes de que a maleza a fixese desaparecer.

Falouno coma quen fala do tempo. Ningún dos dous pronunciou o nome do avó. Mentres arrincaba herbas, decateime de que seguía sabendo onde estaban as cebolas, as leitugas ou os tomates. Nunca aprendera ese mapa. Debía de quedar gardado nalgún recuncho da memoria, deses que só esperta o cheiro da terra mollada.

Ao chegar ao fondo da leira vin unha pequena planta. Xa levantara a man para arrincala cando me acordei del. Nunca lle vin présa na horta. Dicía que as cousas importantes medran ao seu ritmo. E, cando eu quería arrincar unha planta antes de tempo, dicía:

—Espera sempre un pouco. A terra tamén ten cousas que dicir.

Axeonlleime e escarvei cos dedos. Debaixo apareceu unha pataca que quedara esquecida baixo a terra. Estaba limpa, firme, coma se levase meses agardando por alguén. Sorprendeume sorrir.

De neno preguntáballe por que gardaba as mellores sen comelas. El limpaba a terra das mans na perneira do pantalón, collía unha pataca e mirábaa un intre, coma se estivese pensando.

—Porque esas son para o ano que vén.

Daquela parecía unha resposta absurda.

Leveina para casa. Na primavera seguinte volvín á horta e planteina no mesmo anaco de terra. Uns meses despois recollín máis patacas das que podía contar coas mans. Antes de entrar na casa, collín a máis fermosa e aparteina das demais. Entendín que hai herdanzas que non caben nun testamento. Precisan terra.

FONTE: lavozdegalicia.es

HUMOR REAL: MÁIS CALOR

A viñeta de Davila (Luis Davila, Bueu-Pontevedra, 1972), publicada hoxe no Faro de Vigo, saca punta ao considerado o día máis caluroso do verán. Calor abafante!

Que chova un chisco!

OUTROS CONSELLOS PARA A ECLIPSE

Empeza a conta atrás para a eclipse total de Sol do próximo 12 de agosto e  queremos que poidas fotografalo de forma alcanzable e segura.