Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER 2016

 

Hoxe, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer 2016. A Enfermidade de Alzheimer é unha enfermidade dexenerativa das células cerebrais de carácter progresivo para a cal non existe recuperación. Lenta e inexorablemente, a enfermidade ataca as células nerviosas en todas as partes da cortiza do cerebro, así como algunhas estruturas circundantes, deteriorando así as capacidades da persoa de gobernar as emocións, recoñecer erros e patróns, coordinar o movemento e lembrar. Finalmente a persoa afligida perde toda a memoria e funcionamento mental.

Os primeiros síntomas psíquicos da Enfermidade de Alzheimer poden pasarse por alto xa que se asemellan aos sinais do envellecemento natural. Estes síntomas inclúen pequenas e imperceptibles perdas de memoria, perda da concentración, perda de peso sen explicación e problemas motrices, incluíndo dificultades leves para camiñar. Un indicio para diferenciar a Enfermidade de Alzheimer do envellecemento normal pode ser a incapacidade do paciente de comprender o significado das palabras.

Os factores xenéticos desempeñan unha función principal pero non ofrecen unha resposta completa no que respecta ao desenvolvemento da Enfermidade de Alzheimer. Tamén parece que os factores do medio ambiente exercen algún efecto.

Se queres coñecer máis sobre esta terrible enfermidade preme AQUÍ.

FONTE: alzeimer.info

UN LUGAR A VISITAR: AS COVAS DE VALPORQUERO

 

Aínda sigo en León, como comentei hai algúns días. Desta vez quixen lembrar a miña infancia, xa que vivin entre os 8 e 9 anos nun pobo preto da capital: Matallana de Torio Estación.

Quixen ver o que lembraba da estación do FEVE (Ferrocarril de Vía Estreita), a casa onde vivín, o colexio..., e algo que daquela chaomume moito a atención, incluso chegou nun primeiro momento a sentir medo: entrar nas Cova de Valporquero. Por certo, conta meu pai que aínda estaban sin electrificar e que a falta de control sobre as mesmas deixou desperfectos considerables.

As miñas lembranzas foron bastante grandes, salvando o cremento da poboación, o control da Deputación das covas, que cumpriron 50 anos (1966) e a melloría das estradas.

Volvín ser un neno grande, compartindo o momento coa miña familia.

Anímovos a visitar esta espectacular cova e se queredes aventura tamén hai unha posobilidade espeolóxica trepidante.

UN LUGAR A VISITAR: AS MÉDULAS

UN LUGAR A VISITAR: AS MÉDULAS

Vista xeral das Médulas e preparándonos para a entrada ás galerias de Orellán / Imaxes: Nuria G. F.

Nesta fin de semana, visistando a unha filla en León, fixemos una saída familar ás Médulas. Situadas na comarca do Bierzo, ao noroeste dos Montes Aquilanos e xunto ao val do río Sil.

Foi una expoltación mineira aurífera romana que estivo activa durante uns 250 anos. Relamente foi un atentado ambiental da época onde para arrincar o ouro destas montañas empregaban un axente moi ecolóxico: a auga. O procedemento empregado era coñecido como "ruína montium", unha verdadeira obra de inxeñaría.

Cando cesou a actividade mineira quedou esta estampa avermellada con picudos farallóns e unha vexetación de carqueixas e castiñeiros, que fan unha paraxe de extraordinaria beleza.

Foron declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1997.

Moi recomendable!

COMEZA A VOLTA 2016

 

Hoxe comeza a VOLTA 2016, pero dun xeito especial, en Galicia e na miña terrra: Ourense.

Os números da proba “Ourense Termal-Madrid” asustan: 23 días de carreira, 21 etapas, 22 equipos, 198 ciclistas, 3.277 quilómetros de percorrido, unha caravana con 2.500 persoas acreditadas entre xornalistas e persoas de apoio, e un seguimento polos medios en máis de 150 países, con centos de millóns de espectadores potenciais.

A Volta a España máis ourensá (4 etapas) e máis galega (7 etapas) promete ser unha das máis espectaculares.

Toda a información tela premedo AQUÍ.

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (VIII)

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (VIII)

 

O primeiro que adoitamos pensar cando vemos unha bandeira multicolor como a da imaxe é que se trata do emblema do movemento gai en todo o mundo. Cabe a posibilidade de que esteamos equivocados, porque non é o único colectivo que ondea ao vento as cores do arcoíris.

Se contamos seis franxas de cores na orde vermella, laranxa, amarelo, verde, azul e violeta, estamos ante unha apoloxía da liberdade sexual, pero se contamos unha franxa máis de cor celeste, trátase entón da bandeira da paz (vermello abaixo) ou da bandeira en recordo do imperio inca (vermello arriba). Non son as únicas bandeiras que poden levarnos a erro: existe unha longa lista de estandartes que imitan a gama cromática do arcoíris.

A bandeira gai naceu para reivindicar do movemento homosexual en EE.UU., aínda que máis tarde fíxose extensible a toda a comunidade LGTB, que engloba as orientacións sexuais maioritarias (gais, lesbianas, bisexuais, transexuais) e tamén pretende incluír as menos coñecidas (pansexuales, intersexuales…). A bandeira foi ideada polo artista Gilbert Baker en 1978 a petición da organización da marcha do orgullo gai en California. O deseño de Baker inspírase, segundo din, na canción "Over the Rainbow" de Judy Garland.

A versión orixinal da bandeira tiña oito franxas, pero pouco despois suprimíronse as cores rosa e celeste debido á dificultade de produción. Cada tonalidade ten un significado: rosa: sexo; vermello: vida; laranxa: curación; amárelo: luz do sol; verde: natureza; azul: arte; celeste: harmonía; e violeta: espírito humano.

FONTE: Laura Martínez/revista Muy Interesante

O RELOXO QUE MEDIRA A HORA DOS PRÓXIMOS 10.000 ANOS

 

A máis exacta, bela e angustiosa definición da finitude humana foi publicada por Jorge Luís Borges, sempre lúcido, na súa Nova refutación do tempo. O arxentino escribiu: “O tempo é a sustancia de que estou feito. O tempo é un río que me arrebata, pero eu son o río; é un tigre que me esnaquiza, pero eu son o tigre; é un lume que me consome, pero eu son o lume. O mundo, desgraciadamente, é real; eu, desgraciadamente, son Borges”. Ao ser humano sempre lle obsesionou medir o tempo; inventou magnitudes nun intento infrutuoso de controlalo ou de atrapalo, porque todos sentimos algunha vez, como Mario Benedetti, que necesitamos “ese tempo que outros deixan abandonado porque lles sobra ou xa non saben que facer con el”.

Existen evidencias arqueolóxicas da utilización de reloxos desde épocas moi remotas. Un reloxo solar atopado no Val dos Reis de Exipto ten máis de 3.000 anos de antigüidade e hai referencias que indican a existencia de mecanismos mesmo anteriores. A fabricación destes reloxos, que aínda poderían ser utilizados, non só demostra un coñecemento profundo de astronomía, senón tamén a necesidade humana de construír algo que transcenda. Que vaia máis aló da curta experiencia vital do propio construtor. Esta forma de idear é seguro compartida por William Daniel Hillis, inventor, matemático, enxeñeiro e un dos pensadores máis orixinais sobre o futuro que nos agarda. De feito Hillis atópase embarcado nun proxecto xigantesco: “para min pensar a longo prazo é pensar na traxectoria humana e que chegaremos a ser. Por iso o primeiro proxecto a longo prazo que fixen por min mesmo, e fíxeno para min, foi construír un reloxo que dura 10.000 anos”.

O reloxo, e as infraestruturas que necesita ao redor, aínda está en construción e non ten unha data precisa para a súa finalización. Poderiamos avalialo como a gran obra de enxeñería que é, cos metros de montaña furadas, as toneladas de aceiro, titanio e cerámica utilizadas ou os complexos mecanismos de precisión que require. Pero é a súa dimensión poética, enxeñería do espírito, o que de verdade fai vibrar a Danny Hillis, tal e como describiu na web do proxecto: “cando era un neno, a xente falaba do que pasaría no ano 2000. Durante 30 anos estiveron a falar do que pasaría entón, pero agora ninguén menciona unha data do futuro. O futuro foise reducindo ano a ano durante toda a miña vida. Creo que chegou o momento de comezar un proxecto a longo prazo que permita á xente superar esa barreira mental que lles fai pensar nun futuro cada vez máis curto”.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal abc

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (VII)

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MAIS (VII)

Bacteria E. coli / Imaxe:news.nationalgeographic.com

O teu corpo é un crisol microbiano, fogar de billóns de bacterias que che axudan a estar saudable e funcionar con regularidade. E desde hai décadas, os científicos demostraron a súa importancia cunha afirmación provocativa: os microbios do teu corpo superan ás túas células en dez a un.

Con todo, un novo cálculo indica que, en canto refírese á conta de células, é posible que haxa un empate.

Nun novo estudo divulgado en biorxiv.org, tres científicos liderados por Ron Milo, do Instituto de Ciencias Weizmann, determinaron que un home medio está composto de 30 billóns de células e contén ao redor de 40 billóns de bacterias, as cales residen, maiormente, no aparello dixestivo.

Noutras palabras, a conta celular do teu corpo está sempre a piques de superar ás bacterias. E ás veces faino... dependendo de cando recentemente te libraches duns cantos billóns tras unha evacuación intestinal.

FONTE: ngenespanol.com

A TAPA DE POLBO MÁIS GRANDE DO MUNDO

A TAPA DE POLBO MÁIS GRANDE DO MUNDO

A tapa de polbo máis grande do mundo / Imaxe: Jesús Regal/Faro de Vigo

Coincidindo co domingo do Monte, coma todos os anos, na miña terra (Carballiño-Ourense), celébrase a da 54ª edición da "Festa do Pulpo". Para quentar motores, onte,  e por sexto ano consecutivo repetiuse a faraza de elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo na Praza Maior da vila. Os datos:

Tempo:18 minutos e 24 segundos.

O parto de madeira de piñeiro: 5,37 metros de diámetro, 7 centímetros máis que o usado o ano pasado.

O polbo: 750 quilos de cefalópodo.

Pulpeiros: 25.

O resultado védelo na fotografía superior. Iso si, despois repartiuse en 2000 racións, con pan de Cea e viño do Ribeiro.

Evento digno do libro Guinness dos Récords!

FONTE: Xornal Faro de Vigo