Blogia
vgomez

XOGOS OLÍMPICOS 2020

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? VII

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Demetrius Vikelas. Iste empresario e escritor grego foi o primeiro presidente do Comité Olímpico Internacional (COI) entre 1894 e 1896, ano no que se celebraron os primeiros xogos en Atenas, renunciando ao seu cargo ao remate dos mesmos. Seguironlle Pierre de Coubertin, Henri de Baillet-Latour, Sigfrid Edström, Avery Brundage, Michael Morris Killanin, o español Juan Antonio Samaranch, Jacques Rogge e o actual Thomas Bach.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Os Xogos Olímpicos de Inverno son un evento multideportivo que se celebra cada catro anos baixo a supervisión e administración do COI. Inclúe deportes de inverno tanto de xeo como de neve. Os I Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse na localidade francesa de Chamonix no ano…

- 1920

- 1924

- 1928

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: laaventuradelahistoria.es

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? VI

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Os 5 continentes: Europa. Asia, África, America e Oceania. O verde para Europa, o amarelo para Asia, o negro para África, o vermello para América e o azul para Oceanía. Os cinco aros ou aneis de cores entrelazadas sobre un fondo branco, símbolo da paz. Todas as bandeiras dos países do mundo teñen polo menos unha das seis cores da bandeira olímpica. Os aneis olímpicos remóntanse a 1913 cando Pierre de Coubertin, na Revue Olympique de agosto, informou do símbolo que sería usado para o Congreso Olímpico de París, en 1914.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. O Comité Olímpico Internacional (COI) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos, coordinando as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. Dende a súa creación ata hoxe houbo 9 presidentes. Cal foi o primeiro?

- Pierre de Coubertin

- Henri de Baillet-Latour

- Demetrius Vikelas

- Juan Antonio Samaranch

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? V

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Os Xogos olímpicos de verán celébranse durante o primeiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu terceiro ano. A modo de exemplo Tokyo 2020 (xogos de verán), Pekín 2022 (xogos de inverno) e París 2024 (xogos de verán).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Que representan os 5 aros da bandeira olímpica?

- Nada é so un debuxo.

- O 5 valores máis importantes: Paz, Amor, Respecto, Amizade e Tolerancia

- Os 5 continentes: Europa. Asia, África, America e Oceania.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxes: olympics.com

XOGOS OLÍMPICOS 2020 (CELEBRADOS 2021)

Logo e mascota deste xogos olímpicos

Os Xogos Olímpicos de Tokio 2020, oficialmente coñecidos como os Xogos da XXXII Olimpíada, comezarán nos próximos días, concretamente do 23 de xullo ao 8 de agosto de 2021 en Tokio (Xapón). Nunha primeira instancia o evento ía desenvolver entre o 24 de xullo e o 9 de agosto de 2020, pero, debido á pandemia de COVID-19, que provocou o abandono de Australia e Canadá, o 24 de marzo de 2020 o primeiro ministro, Shinzo Abe, e o presidente do COI, Thomas Bach, acordaron aprazar o evento mantendo o nome de “Xogos Olímpicos de Tokio 2020”.

Contarán con 339 eventos, 33 deportes e 50 disciplinas.

A lista completa dos Deportes e Disciplinas Olímpicas de 2021 son as seguintes:

– Acuáticos: Natación artística, Mergullo, Natación, Waterpolo

– Atletismo: 48 disciplinas distintas

– Baloncesto: Baloncesto, Modalidade 3×3

– Balonmán

– Béisbol

– Boxeo

– Ciclismo: BMX estilo libre, Carreiras de BMX, Ciclismo de montaña, estrada e en pista

– Escalada

– Esgrima

– Fútbol

– Ximnasia: Artística, Rítmica, Trampolín

– Golf

– Hípica: Adestramento, Salto ecuestre e Concurso completo

– Hóckey sobre herba

– Judo

– Karate: Kata e Kumite

– Levantamento de pesas

– Loita: Estilo libre e Grecorromana

– Pentatlón moderno

– Piragüismo: Slalom, Sprint

– Remo

– Rugby 7

– Skateboarding

– Surf

– Taekwondo

– Tenis

– Tenis de mesa (Ping-pong)

– Tiro con arco

– Tiro olímpico

– Tríatlon

– Vela

– Voleibol: Voleibol en pista e Voley Praia

España aoprtará a istes xogos 321 deportistas, 184 homes e 137 mulleres, que competirán en 29 deportes.

Se queres consultar o calendario da competición olímpica preme AQUÍ e para toda a información, seguimento e resultados preme AQUÍ.

Sorte para todos!

FONTE: losjuegosolimpicos.com/juegos-olimpicos-2021

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? IV

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1896. Desde aquela oportunidade, foron realizados cada catro anos en diversas cidades do mundo, sendo as únicas excepcións as edicións de 1916, 1940 e 1944, debido ao estalido da primeira e segunda guerra mundial e a postergada de 2020 para 2021, pola pandemia do COVID-19.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Existen dous tipos de Xogos Olímpicos: os Xogos Olímpicos de Verán e os Xogos Olímpicos de Inverno, que se realizan cun intervalo de dous anos. Segundo a Carta Olímpica…

- Os Xogos olímpicos de verán celébranse durante o terceiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu primeiro ano.

- Os Xogos olímpicos de verán celébranse durante o primeiro ano dunha Olimpíada, e os Xogos Olímpicos de Inverno durante o seu terceiro ano.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxes: sexenio.com.mx e  bbc.com

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? III

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Teodosio I. Tamén coñecido como Teodosio o Grande, foi emperador romano desde o 19 de xaneiro do 379, investido como Dominus Noster Flavius Theodosius Augustus e deificado trala súa norte, o 17 de xaneiro de 395, como Divus Theodosius.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Os Xogos Olímpicos modernos inspiráronse nos do século VIII a. C. organizados polos antigos gregos na cidade de Olimpia, entre os anos 776 a. C. e o 393 d. C. No século XIX, xurdiu a idea de realizar uns eventos similares aos organizados na antigüidade, os que se concretarían principalmente grazas ás xestións do nobre francés Pierre Frèdy, barón de Coubertin, quen fundou o Comité Olímpico Internacional (COI) en 1894. Desde entón, o COI converteuse no órgano coordinador do Movemento Olímpico, coa Carta Olímpica que define a súa estrutura e autoridade. A primeira edición dos chamados Xogos Olímpicos da era moderna levaronse a cabo en Atenas, capital de Grecia, a partir do 6 de abril do ano…

- 1894

- 1895

- 1896

- 1897

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxe es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? II

Continúo coa serie Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Olimpia. Unha pequena cidade da antiga Grecia na prefectura de Élide, na península do Peloponeso. A cidade atópase ó pé do monte Cronio e na beira dereita do río Alfeo.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Os últimos Xogos Olímpicos da Antigüidade celebráronse no 393 d. C., case doce séculos despois dos seus comezos. Tras a adopción do cristianismo como relixión oficial do Imperio romano co Edicto de Tesalónica (28 de febreiro de 380), un emperador prohibiu toda celebración pagá, incluídos os xogos olímpicos. Cal era iste emperador, nado en Cauca (actual Coca) en Segovia ?

- Honorio

- Teodosio I

- Magno Máximo

- Constantino III

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org   Imaxes:  historiaybiografias.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS?

Falta unha semana, para que o próximo venres, 23 de xullo, comecen os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020 ou xogos da XXXII Olimpiada. É un bo momento porse ao día sobre a súa historia.

Anímaste? Pois comezamos!

1. Na Antiga Grecia, os Xogos Olímpicos foron unha serie de competicións atléticas disputadas por representantes de diversas cidades-estado gregas a partir do ano 776 a. C. Disputábanse normalmente cada catro anos e sempre no mesmo lugar…

- Santorini

- Atenas

- Olimpia

- Atlántida

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org   Imaxes: olympics.com e okdiario.com/historia