Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? VI

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Os 5 continentes: Europa. Asia, África, America e Oceania. O verde para Europa, o amarelo para Asia, o negro para África, o vermello para América e o azul para Oceanía. Os cinco aros ou aneis de cores entrelazadas sobre un fondo branco, símbolo da paz. Todas as bandeiras dos países do mundo teñen polo menos unha das seis cores da bandeira olímpica. Os aneis olímpicos remóntanse a 1913 cando Pierre de Coubertin, na Revue Olympique de agosto, informou do símbolo que sería usado para o Congreso Olímpico de París, en 1914.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. O Comité Olímpico Internacional (COI) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos, coordinando as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. Dende a súa creación ata hoxe houbo 9 presidentes. Cal foi o primeiro?

- Pierre de Coubertin

- Henri de Baillet-Latour

- Demetrius Vikelas

- Juan Antonio Samaranch

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios