CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? VIII
Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1924. Aínda que con anterioridade a patinaxe artística e o hóckey sobre xeo formaran parte dos xogos de verán, desde ise ano, os xogos celebráronse cunha periodicidade de catro anos ata que os de 1940 e 1944 non puideron celebrarse por mor da Segunda Guerra Mundial. Os xogos olímpicos de inverno restauráronse en Sankt Moritz en 1948. Os xogos continuáronse celebrando cada catro anos e coincidindo cos xogos de verán ata a edición de Albertville en 1992 cando o COI decidiu que os xogos de verán e inverno celebraríanse en anos diferentes. Desde a edición de Lillehammer en 1994 os xogos de verán e de inverno celébranse con dous anos de diferenza, tal como dixemos na pregunta 4.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. En 1948, sir Ludwig Guttmann organizou un evento deportivo coincidindo cos Xogos Olímpicos de Londres 1948. O evento de Guttmann foi coñecido como os Xogos de Stoke Mandeville, os cales se converteron nun festival deportivo anual. Para os Xogos Olímpicos de Roma 1960, Guttmann reuniu 400 atletas para competir na "Olimpíada paralela", converténdose nos primeiros Xogos Paralímpicos. Cal foi o motivo inicial de sir Ludwig Guttmann?
- Promover a rehabilitación dos soldados tras a Segunda Guerra Mundial
- Utilizar o deporte como una vía para a curación.
- As dúas anteriores respostas son verdadeiras.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org Imaxe: marca.com
0 comentarios