XOGOS PARALÍMPICOS TOKYO 20020
Rematados os Xogos Olímpicos, tocalle o turno aos Palalímpicos, que comezarán en Tokyo, mañá, 24 de agosto, ata o 5 de setembro, estando previsto reunir a 4.400 deportistas con discapacidade física, intelectual, visual ou parálise cerebral, chegados polo menos de 160 países.
Durante 12 días de competición, disputaranse 539 eventos con medalla (272 masculinos, 227 femininos e 40 mixtos) dos 22 deportes que forman parte do programa de competición: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, ciclismo, esgrima en cadeira de rodas, fútbol-5, goalball, judo, halterofilia, hípica, natación, piragüismo, remo, rugby en cadeira de rodas, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico, tríatlon e voleibol sentado, máis a estrea en Xogos do bádminton e o taekwondo.
España contará cun total de 135 deportistas, unha cifra que supera aos 127 deportistas españois que acudiron aos últimos Xogos Paralímpicos de Río 2016. Desta maneira, a delegación española paralímpica estará formada por 221 integrantes, dos cales 135 son deportistas (122 con discapacidade máis 13 deportistas de apoio). Ademais, viaxarán ata Tokio 86 membros que conforman a delegación española entre adestradores, médicos, fisioterapeutas, mecánicos e persoal de organización e oficina. España non contará con representación nestas sete modalidades paralímpicas: bádminton, boccia, esgrima en cadeira de rodas, goalball, hípica, rugby en cadeira de rodas e voleibol sentado.
Boa sorte a tod@s!
0 comentarios