A ORIXE DAS PALABRAS: DEIXAR NA ESTACADA
A expresión ‘Deixar a alguén na estacada’ empregase para sinalar cando se abandona a alguén á súa sorte nunha situación que podería ser perigosa, apurada ou de difícil solución, non brindándolle a axuda ou auxilio que precisa.
Para atopar a orixe da expresión debemos retroceder ata a Idade Media, na que os cabaleiros realizaban os seus torneos e competicións nun campo de batalla cuxo terreo era delimitado por estacas (postes de madeira cravados no chan) a modo de valado.
Ese terreo cercado era o que recibía o nome de ‘estacada’ e, cando se enfrontaban dous contendentes, o que perdía ou caía do seu cabalo ao chan era o que ‘quedaba na estacada’ (normalmente malferido), xa que o gañador abandonaba o lugar entre aclamacións sen darlle auxilio algún.
FONTE: blogs.20minutos.es
0 comentarios