PREMIOS NOBEL

Os Premios Nobel otórganselle ás persoas que realizaron investigacións sobresaintes, inventaran técnicas ou equipamentos revolucionarios ou contribuíran notablemente á sociedade. Instituíronse como vontade de Alfred Bernhard Nobel (Estocolmo, 21 de outubro de 1833-San Remo, 10 de decembro de 1896.

O inventor da dinamita e industrial sueco, firmou un testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria productora de dinamita, que tiña como especial mercado a minería, pero tamén a guerra. Esa puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, unida tamén a costume de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.

Desde a súa instauración en 1901, os Premios Nobel recaeron en sete españois:

1904 José Echegaray Literatura
1906 Santiago Ramón y CajalMedicina e Fisioloxía
1922Jacinto Benavente Literatura
1959 Severo Ochoa Medicina e Fisioloxía
1956 Juan Ramón Jiménez Literatura
1977 Vicente Aleixandre Literatura
1989 Camilo José Cela Literatura


Estes días están saíndo os galardonados neste ano 2007.

O primeiro galardón , sección de Medicina e fisioloxía foi para os estadounidenses Mario Capecchi (de orixe italiano) e Oliver Smithies (nacido no Reino Unido), e ao británico Sir Martin Evans polos traballos sobre células madre e manipulación xenética en modelos animais.

Seguiremos á espera de máis...

09/10/2007 07:18. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.