PREMIOS NOBEL
Os Premios Nobel otórganselle ás persoas que realizaron investigacións sobresaintes, inventaran técnicas ou equipamentos revolucionarios ou contribuíran notablemente á sociedade. Instituíronse como vontade de Alfred Bernhard Nobel (Estocolmo, 21 de outubro de 1833-San Remo, 10 de decembro de 1896.
O inventor da dinamita e industrial sueco, firmou un testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Sentíase culpable pola súa responsabilidade como empresario enriquecido a través dunha industria productora de dinamita, que tiña como especial mercado a minería, pero tamén a guerra. Esa puido ser a motivación principal do seu afamado testamento, unida tamén a costume de realizar accións para facer transcender o seu nome ao morrer.
Desde a súa instauración en 1901, os Premios Nobel recaeron en sete españois:
1904 | José Echegaray | Literatura |
1906 | Santiago Ramón y Cajal | Medicina e Fisioloxía |
1922 | Jacinto Benavente | Literatura |
1959 | Severo Ochoa | Medicina e Fisioloxía |
1956 | Juan Ramón Jiménez | Literatura |
1977 | Vicente Aleixandre | Literatura |
1989 | Camilo José Cela | Literatura |
Estes días están saíndo os galardonados neste ano 2007.
O primeiro galardón , sección de Medicina e fisioloxía foi para os estadounidenses Mario Capecchi (de orixe italiano) e Oliver Smithies (nacido no Reino Unido), e ao británico Sir Martin Evans polos traballos sobre células madre e manipulación xenética en modelos animais.
Seguiremos á espera de máis...
0 comentarios