LAGOS LÍQUIDOS EN TITÁN

20080731113446-lagos-superficie-titan.jpg

 Lagos na superficie de Titán (NASA)

A revista Nature publica hoxe a investigación facilitada polo  Laboratorio de Propulsión a barullo (JPL) na que  que polo menos un dos grandes lagos observados en Titán, unha das lúas de Saturno, contén hidrocarbonos líquidos.Os científicos fixeron o descubrimento a través da análise de datos proporcionados pola sonda Cassini, un proxecto conxunto da NASA e da Axencia Espacial Europea (ESA).

Deste xeito a Terra xa non é o único corpo do Sistema Solar no que hai océanos ou lagos líquidos, aínda que no caso de Titán non son de auga, son de etano líquido, seguramente mesturadocon metano, nitróxeno e outros compostos.

Titán é o satélite máis grande de Saturno e o segundo do Sistema Solar, despois de Ganímedes (lúa de Xúpiter), máis grande ca Mercurio e un 25% máis pequeno que Marte. Titán é un mundo frío (uns 180 graos centígrados baixo cero) e envolto nunha densa atmósfera, que dificulta enormemente a observación da superficie.

O corpo lacustre, identificado como Ontario Lacus, atópase na rexión do polo sur de Titán e ten unha superficie duns 20.000 quilómetros cadrados.

A investigación amosa a existencia dun complexo ciclo do metano similar ao da auga na Terra: Existen grandes depósitos de metano en forma de hidratos, que quedaron atrapados cando se formou o satélite. O metano chega a atmosfera pola actividade volcánica e a evaporación. As reaccións químicas converten o metano en etano e outros compostos. O etano e o metano condénsanse en parte formando as nubes e ao chover enchen os lagos.

31/07/2008 11:34. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.