Facebook Twitter Google +1     Admin

TEMPO DE CASTAÑAS: UN CONTO

20081109132717-pagina01castana.jpg

 A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

 

 

Un día, xa hai anos, ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña. Chegaron á beira dun río e non sabían como facer para atravesalo.

A castaña, que era moi lista, propuso o seguinte: como a palla pode flotar na agua, eu montareime enriba dela e nadando levarame á outra beira  e despois voltará a levarte a ti, dixo falando cara a brasa.

Como a idea pareceulles ben ás dúas, así se fixo. Primeiro a palla levou a castaña e despois voltou pola brasa. Pero cando estaban no medio do río, a palla sentíu que se estaba queimando coa calor da brasa e, de súpeto fixo un movemento brusco e dunha sacudida botóuna a auga.

Cando a castaña viu esto, deulle un ataque de risa, ríase tanto de vela brasa mollada, ríase con tanta forza que estoupou. A palla quedou na beira do río toda chamuscada. A brasa chegou máis tarde, tan molladiña que se apagou.

Estaban as dúas incomodadas coa castaña porque se estaba a rir mentras elas o pasaban mal, pero cando se decataron que coa risa lle reventara a tona e que estaba destrozada, sentiron lástima dela e foron buscar un xastre para que a remendase e lle recosese o burato.

O xastre só tiña un anaco de tea máis claro que o da tona da castaña e tivo que amañala poñéndolle un anaco desa cor. Por iso agora andan tóodas as castañas cun pedaciño de tona que parece un pouco máis claro.

 

11/11/2008 10:09. vgomez #. OPINIÓN E COMENTARIO

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next