Blogia
vgomez

CAMPAMENTOS VERÁN 09

CAMPAMENTOS VERÁN 09

 A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca a oferta da Campaña Verán-2009 que comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito estatal, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos que se especifican para cada actividade (para campamentos de 9 a 17 anos, para actividades para maiores de 18 de 18 a 35 anos, e nos campos de traballo hai que atender ao que se marque en cada un deles). En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:
1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 22 DE ABRIL DE 2009 as 12 horas no salón de actos número un, sito na planta baixa das dependencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela.

O prazo de solicitude  rematará o día 24 DE MARZO.

Se estás interesado, tes toda a información en CAMPAMENTOS VERAN 09


0 comentarios