Blogia
vgomez

O ANO DE FLORENTINO DELGADO GURRIARÁN

Comezan os actos do Día das Letras Galegas 2022, á figura homenaxeada iste ano: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

Para contextualizar, Florentino Manuel naceu en Córgomo-Villamartín de Valdeorras-Ourense o 27 de agosto de 1903 e morreu en Fair Oaks-Estados Unidos o 14 de maio de 1987.

Realizou estudos universitarios na Universidade de Valladolid, onde se licenciou en Dereito, pasando a exercer como avogado no Barco de Valdeorras. En 1933 ingresou no Partido Galeguista. Tras estalar a Guerra Civil, logrou escapar da represión iniciada na comarca de Valdeorras polos sublevados en xullo de 1936, ata alcanzar Porto, en Portugal, desde onde puido trasladarse a Bordeus (Francia) para chegar á Barcelona republicana en xaneiro de 1938.

Nese mesmo ano accedeu á executiva do Partido Galeguista como Secretario de Propaganda. Tras finalizar a Guerra Civil marchou ao exilio en México, país no que se estableceu definitivamente. Foi un dos fundadores da revista Vieiros.

Volveu temporalmente a Galicia en 1968, 1976 e 1981. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.
Na súa obra destacan:

  • Bebedeira, 1934 (poemario).
  • Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. 1949 (en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández).
  • Galicia infinda, 1963 (poemario).
  • Cantarenas. Poemas (1934-1980), 1981 (poesía).
  • O Soño do Guieiro. Opúsculos de poesía, 1986 (poemario).

Utilizou, en escritos de prensa ou revistas, varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

Profundizaremos máis sobre a súa figura, alá polo 17 de maio!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxe: academia.gal

0 comentarios