OBSERVACIÓN DO CEO NOCTURNO
Constelacións / Imaxe:estrelloria.iespana.es
O próximo venres, 27 de agosto os veciños e visitantes do concello de A Guarda terán a oportunidade de vivir unha nova actividade medioambiental, desta vez no Puntal da Praia do Muíño. Trátase dunha observación a simple vista do ceo nocturno, no que participará unha astrónomo experto, que explicará as principais constelacións que se poden ver nunha noite de verán. Acompañado dun láser verde, e coa axuda da imaxinación, tentará debuxarnos no ceo as principais figuras mitolóxicas que eran capaces de distinguir os pobos da Antigüidade, especialmente gregos e chineses.
Para esta actividade, que dará comezo ás 22.30 horas, é preciso inscrición previa chamando ao teléfono 986.614.546 ou a través dun email: turismo@aguarda.es
Participa!
0 comentarios