Blogia
vgomez

COPÉRNICO

COPÉRNICO

Neste ano da atronomía non podiamos deixar de falar da insigne figura de COPÉRNICO. Grazas a el a astronomía deu un  xiro drástico no século XVI: a teoría xeocéntrica de Ptolemo foi substituída pola súa, a heliocéntrica.

Nicolás Copérnico foi un astrónomo polaco (1473-1543.) Estudiou Humanidades na universidade de Cracovia, Dereito e Mediciña en Italia. Doctorouse en astronomía en Roma e foi canónigo da diócese de Frauenburg.

Despois de moitos anos rematou o traballo sobre a teoría heliocéntrica  onde explica que non é o Sol o que xira ao redor da Terra senón todo o contrario.

Os protestantes foron os primeiros en rexeitar este modelo, xa que estas ideas eran contrarias aos relatos do Antigo Testamento. Máis tarde tamén a Igrexa Católica, tamén  a rexeitou. Malia todo, triunfou, posto que finalmente puido demostrase canto se afirmaba nela (Galileo, 50 anos despois, viu co telescopio en Xúpiter  que os satélites que xiran ao redor del  forman un sistema planetario semellante ao solar).

0 comentarios