Blogia
vgomez

NOBEL 2023: FÍSICA

Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L’Huillier, gañadores do Premio Nobel de Física 2023 / lavozdegalicia.es

A Real Academia das Ciencias de Suecia concedeu este martes o Premio Nobel de Física de 2023 aos físicos Pierre Agostini (Francia, 1968) profesor da Universidade do Estado de Ohio (EE UU), Ferenc Krausz (Hungría, 1962) dirixe o Instituto Max Planck de Óptica Cuántica, en Garching (Alemaña) e Anne L’Huillier (Francia, 1958) profesora da Universidade de Lund (Suecia), é a quinta muller que gaña o Nobel de Física. Son os pais de novas ferramentas para explorar o mundo dos electróns dentro dos átomos.

O xurado destacou que os tres premiados demostraron unha nova maneira de crear pulsos de luz extremadamente curtos, que se poden utilizar para medir os fugaces procesos nos que os electróns se moven ou cambian de enerxías. Son eventos que ocorren en attosegundos, trillonésimas partes dun segundo.

Parabéns!

0 comentarios