Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2026

A Real Academia das Ciencias de Suecia outorgou o Premio Nobel de Física de 2026 ao belga Francis Halzen, de 82 anos “polas súas contribucións decisivas ao Observatorio de Neutrinos IceCube, e ao descubrimento de neutrinos de alta enerxía de orixe astrofísica”. O achado, publicado en 2013, abriu unha nova fiestra ao universo usando como guía estas partículas, coñecidas como “partículas pantasma”.

Francis Halzen foi pioneiro cuxo traballo no desenvolvemento dun gran observatorio na Antártida para detectar partículas cósmicas “fantasmais” sentou as bases dun “tipo de Astronomía totalmente novo”. 

Nado en Tienen-Bélxica en 1944, ocupa a cátedra Hilldale e a cátedra de excelencia Gregory Breit, e é director do Instituto de Investigación en Física de Partículas Elementais na Universidade de Wisconsin-Madison.

Parabéns!

FONTE: elpais.com e es.wikipedia.org     Imaxe: fbbva.es

0 comentarios