Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2014: A PORTA ÁS LÁMPADAS "LED"

PREMIO NOBEL DE FÍSICA 2014: A PORTA ÁS LÁMPADAS "LED"

Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, gañadores do premio Nobel de Física de 2014 / AP

 

Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura reciben este ano o máximo galardón mundial de física, o Premio Nobel, por un traballo que disparou unha revolución na tecnoloxía da luz: a "invención dos díodos emisores de luz azul eficientes que permitiron as fontes de luz brillantes e de aforro enerxético", segundo destacou, onte, o comité da Real Academia sueca de ciencias. Noutras palabras, Akasaki e os seus colegas abriron a porta ás lámpadas LED de luz branca e larga duración. "Coas lámpadas LED temos agora alternativas máis duradeiras e máis eficientes ás vellas fontes de luz", destaca a academia sueca.

Isamu Akasaki naceu en 1929 en Chiran (Xapón) e doutorouse en 1964 pola Universidade de Nagoya; é catedrático da Universidade Meijo de Nagoya e catedrático emérito da Universidade de Nagoya.

Hiroshi Amano naceu en 1960 en Hamamatsu (Xapón) e doutorouse en 1989 tamén pola Universidade de Nagoya, onde é catedrático.

Shuji Nakamura naceu en 1954 en Ikata (Xapón) e doutorouse en 1994 pola Universidade de Tokushima. Nacionalizado estadounidense, exerce como catedrático na Universidade de California.

FONTE: Xornal El Pais e La Vanguardia

0 comentarios