Blogia
vgomez

PREMIO NOBEL DE QUÍMOCA 2014: O PREMIO Á "NANOSCOPIA"

PREMIO NOBEL DE QUÍMOCA 2014: O PREMIO Á "NANOSCOPIA"

Eric Betzig, Stefan W. Hell e William E. Moerner, gañadores do Nobel 2014 de Química 2014 / agenciasinc.es 

 

Os estadounidenses Eric Betzig e William E. Moerner e o alemán Stefan W. Hell gañaron o Nobel 2014 de Química por desenvolver a microscopia fluorescente.

O xurado da Real Academia das Ciencias Sueca quixo así recoñecer o traballo dos tres galardoados no desenvolvemento de microscopios de "alta resolución" que empregan "moléculas fluorescentes", unha técnica tamén denominada "nanoscopia".

Isto permite estudar "moléculas individuais dentro de células vivas", algo ata entón imposible coas técnicas dos microscopios ópticos tradicionais. Este avance contribuíu ao estudo de enfermidades como o alzheimer e o parkinson, así como na análise de procesos cognitivos nas neuronas do cerebro, explicou o xurado.

O estadounidense Eric Betzig, nacido en 1960, é doutor pola Universidade Cornell de Ithaca (Nova York) e traballa actualmente no Instituto Médico Howard Hughes, de Ashburn (EUA).

O alemán Stefan W. Hell, nacido en Romanía en 1962, doutorouse na Universidade de Heidelberg e dirixe hoxe o Instituto Max Planck de Química Biofísica, en Gotinga (Alemaña), e o Centro Alemán de Investigación contra o Cancro de Heildelberg.

O terceiro premiado, o estadounidense William E. Moerner, naceu en 1953 e, tras doutorarse como Betzig na Universidade Cornell, traballa na Universidade de Stanford.

FONTE: Xornal La Vanguardia

0 comentarios