O MELLOR PROFESOR DO MUNDO: PATER TABICHI
O mestre kenyano Peter Tabichi, monxe franciscano e profesor de ciencias que dá clase nun pobo remoto de Kenya, foi distinguido como o mellor profesor do mundo tras gañar o galardón Global Teacher Prize 2019, que otorga a Fundación Varkey e dotado cun millón de dólares (preto de 900.000 euros).
A organización que concede o galardón eloxiou "a dedicación, o arduo traballo e a confianza apaixonada de Tabichi no talento dos seus estudantes". Preto do 95% dos alumnos do colexio onde exerce Tabichi "proveñen de familias pobres", mentres case un terzo son orfos ou só teñen un proxenitor.
Para Tabichi, que ensina a estudantes nunha rexión moi pobre onde o abandono escolar e os embarazos adolescentes son habituais, ser un gran mestre require "ser creativo, abrazar a tecnoloxía e promover métodos de ensino modernos". "Tes que facer máis e falar menos", matiza este profesor de 36 anos, que tamén forma parte da orde franciscana, imparte clases desde hai 12 anos e doa o 80 % do seu salario aos máis pobres da súa comunidade.
O labor de Tabichi vai máis aló da aula e inclúe ensinar aos estudantes métodos alternativos de cultivo para abordar a inseguridade alimentaria na rexión, onde a fame negra é habitual.
Así mesmo, o mestre impulsou a creación dun "club da paz" que anima aos estudantes para debater e plantar árbores xuntas, co obxectivo de asegurar a convivencia entre os máis de sete grupos étnicos presentes na escola, especialmente tras a violencia postelectoral que seguiu ás eleccións de 2007 en Kenya.
Como profesor de Física e Matemáticas, Tabichi creou o Club de Ciencia do centro, axudando aos alumnos para deseñar proxectos de investigación. Co apoio do docente, os estudantes presentaron á Feira de Ciencia e Enxeñería de Kenya de 2018 un dispositivo que inventaran para permitir ás persoas cegas medir obxectos. "Isto permitiu ao colexio situarse á cabeza das escolas públicas a nivel nacional", apuntou o profesor.
O Club de Ciencia tamén logrou clasificarse para participar na Feira Internacional de Ciencia e Enxeñería que se celebrará este ano en Arizona (Estados Unidos).
Parabéns!
FONTE: farodevigo.es
0 comentarios