CANTO SABES SOBRE A INTERNET X
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Memes. Na internet serven para describir unha situación, idea ou pensamento realizado con textos, imaxes, vídeos ou calquera outro recurso multimedia que se adoita replicar frecuentemente e, por iso, difundido masivamente. O obxectivo do meme é fundamentalmente humorístico e actualmente teñen o seu fogar máis multitudinario nas redes sociais.
E imos coa pregunta de hoxe:
10. Que país do mundo ten a sorte de contar coa maior velocidade de media de conexión a internet?
- España
- Alemaña
- Corea do Sur
- Noruega
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es
0 comentarios