ADIVIÑA A NEBULOSA
As nebulosas son rexións do medio interestelar constituídas por gases (principalmente hidróxeno e helio) ademais de elementos químicos en forma de po cósmico. Teñen unha importancia cosmolóxica notable porque moitas delas son os lugares onde nacen as estrelas por fenómenos de condensación e agregación da materia; noutras ocasións trátase dos restos de estrelas xa extintas ou en extinción.
Pero tamén son as creacións máis fermosas que podemos atopar no Universo. Nesta serie, propóñoche recoñecelas. Cada día, tendo como punto de partida unha imaxe, dareiche varias opcións co fin de que poidas identificala. Ao día seguinte, a solución e unha nova proposta. Serás capaz? Intentámolo?
Comezamos!
1. Esta intrigante nebulosa é das máis coñecidas e tamén das máis espectaculares.
Sabes cal é?
- Nebulosa do Cangrexo
- Nebulosa da Formiga
- Nebulosa Reloxo de Area
FONTE: muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
1 comentario
serrera -