ERROS CIENTÍFICOS QUE SE REPITEN UNHA E OUTRA VEZ NO CINEMA (VI)
Continúo coa sexta entrega dos erros relacionados coa ciencia que parecen quedarse na pantalla para non irse xamais: O meu coche é un submarino.
Na Espía que me amou, Roger Moore/James Bond lánzase á auga cunha chati a bordo dun Lotus que se afunde como unha pedra para logo transformarse nun submarino. Non contento con iso, lanza un mísil que se carga á malvada Caroline Munro no seu helicóptero. Ao deste desperdicio non alegaremos nada, pero un coche está cheo de aire e cando cae á auga pode tardar ata uns minutos en afundirse. Tería que encher uns tanques con auga para adquirir peso e mergullarse, como os submarinos.
Sorry, James.
FONTE:FONTE: Xornal Público.es/strambotic
0 comentarios