ADIVIÑA A NEBULOSA II
A solución á proposta de onte é: A Nebulosa Reloxo de Area, que se atopa a 8.154 anos luz da Terra e debe a súa particular forma á expansión rápida de vento estelar dentro dunha nube de expansión moito máis lenta e que ademais é máis densa no centro que nos polos. Atópase na constelación Musca e foi obxecto de moitas instantáneas do telescopio Hubble.
E imos coa proposta de hoxe!
2. Atópase na Nebulosa da Aguia e é un dos recunchos máis emblemáticos do noso universo. Coñécese como...
- Os Alicerces da Terra
- Os Alicerces da Creación
- Os Alicerces do Universo
FONTE: muyinteresante.es/ciencia e wikipedia
0 comentarios