INVENTOS ACCIDENTAIS QUE CAMBIARON O MUNDO III
Continúo coa serie Inventos accidentais que cambiaron o mundo dos últimos dous séculos, onde descubriremos como o azar e non o tradicional, longo e lóxico proceso de pensamento, reflexión, experimentación e desenvolvemento, xogou un papel crave nalgúns dos máis grandes inventos do mundo. Hoxe...
3. Coca-Cola
De entre todos os inventos accidentais, quizá a Coca-Cola sexa o máis coñecido. O seu inventor foi o farmacéutico John Pemberton e dedicábase a fabricar un xarope feito de viño e extracto de coca que chamou "French Wine Coca de Pemberton", que se promocionaba como unha cura para as dores de cabeza e os trastornos nerviosos. Tras prohibir a cidade de Atlanta a venda de alcol en 1885, decidiu crear unha versión “light” sen alcol a base de coca e mesturalo con auga carbonatada para vendelo así como refresco. O resultado foi unha bebida perfecta para a época: un "tónico cerebral" chamado Coca-Cola.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es Imaxes: carrefour.es
0 comentarios