Blogia
vgomez

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO XV

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

15. Maiasaura



O paleontólogo e dinosauriólogo estadounidense Jack Horner é coñecido por ser a inspiración do personaxe de Sam Neill na película Jurassic Park, pero nos círculos de paleontoloxía, este experto é famoso por descubrir os extensos terreos de aniñación de Maiasaura, un hadrosaurio de tamaño medio que vagaba polo oeste americano en vastas mandas que viviu a finais do período Cretácico superior, hai aproximadamente entre 80 e 70 millóns de anos, no Campaniense, na actual América do Norte.

Tomados en conxunto, os niños  fosilizados e os esqueletos bastante ben conservados de Maiasaura (bebé, xuvenil e adulto) mostran que polo menos algúns dinosauros tiñan unha vida familiar activa e non necesariamente abandonaban ás súas crías despois de que nacesen.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es   

0 comentarios