ANIMAIS PREHISTÓRICOS ATERRADORES
Comezamos hoxe unha serie adicada a animais prehistóricos que foron grandes depredadores, xa extintos, e que daquela dominaron a Terra. Hoxe é o día do Dunkleosteus.
Este peixe xigante e carnívoro viviu durante o Devónico tardío, hai uns 370 millóns de anos. Medía 6 metros de longo e podía pesar ata 1 tonelada. Chamábaselle o peixe de óso escuro, dado que en realidade a súa boca non estaba composta exactamente de dentes, senón de ósos: a súa mordedura era tan potente como a dun crocodilo.
Os primeiros restos fósiles deste peixe acháronse en 1867, e desde entón atopáronse máis restos por toda América do Norte, Europa e África. Era un dos maiores depredadores das augas do Devónico, e sospéitase que tiña condutas caníbales. Era capaz de comer a outros exemplares da súa mesma especie.
FONTE: Laura Marcos/Revista Muy Interesante
0 comentarios